Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
  • Imaxe area formacion   Imaxe area formacion  

    A EGAP traballa para ofrecer aos seus usuarios/as unha formación de calidade, fundamentada nun modelo integral de avaliación no que se conxugan tres eixes cruciais:

    • Necesidades de formación dos empregados/as públicos/as.
    • Satisfacción inmediata dos usuarios/as dos servizos da EGAP.
    • Determinación do impacto da formación, tanto no desenvolvemento persoal dos destinatarios/as como na mellora da prestación dos servizos públicos.


    A recollida sistemática deste tipo de información permite diagnosticar as debilidades e as fortalezas dos plans de formación, e posibilita a mellora continua no deseño dos plans formativos, tomando en consideración o contexto no que se desenvolven.

    Para acadar unha formación eficaz é necesario contar cunha metodoloxía que oriente a elaboración e o deseño dos plans, así como a súa aplicación e seguimento.

    • Neste senso, esíxese unha análise permanente de necesidades que dean resposta ás seguintes cuestións: quen debe formarse, en que áreas, cando e onde.
    • Coa aplicación e seguimento dos plans o obxectivo é garantir a rendibilidade do esforzo investido. Para isto faise imprescindible avaliar os beneficios que as actividades formativas producen nos propios empregados/as públicos/as e no funcionamento da Administración.




© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia