Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
  • A través desta acción, a EGAP explota as posibilidades que ofrecen na actualidade as tecnoloxías da información e da comunicación, o cal, á súa vez, lle permite satisfacer a elevada demanda existente canto á formación, permitindo que os empregados públicos poidan acceder a uns contidos formativos actualizados e de calidade, coa opción de gozar dunha aprendizaxe autónoma e flexible que, ao mesmo tempo, lles permita unha actualización permanente dos seus coñecementos.

    O persoal da Administración que desexe participar no programa de autoformación dispón de dúas opcións, compatibles entre elas pero independentes unha da outra. Por unha banda pode acceder aos contidos das actividades sen máis trámite que o de inscribirse na zona de matrícula da EGAP e por outra pode solicitar presentarse ás probas de avaliación. Polo tanto, o acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación, nin é tampouco requisito para matricularse nelas.


    PREGUNTAS FRECUENTES



    1. Que é o programa de autoformación da EGAP?

    É unha modalidade que pretende, por unha banda, satisfacer a elevada demanda de formación e, por outra, poñer a disposición de todos os empregados públicos parte dos contidos dos que dispón a Escola. Grazas a esta iniciativa os destinatarios do programa poderán acceder a contidos multimedia e a cuestionarios adaptados dalgunhas actividades formativas.


    2. A quen van dirixidos os cursos de autoformación?

    A todos os empregados públicos e empregadas públicas destinados nas administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas.


    3. Como podo acceder aos contidos de autoformación?

    Cunha inscrición a través da Zona de matrícula da EGAP (http://egap.xunta.gal/matricula/). Unha vez formalizada a admisión ao curso será automática.


    4. Cando me podo inscribir nos contidos de autoformación?

    Desde o 10 de abril ata o 30 de decembro.


    5. Cantos contidos do programa de autoformación podo solicitar?

    Non hai un número máximo de solicitudes.


    6. Ata cando vou poder consultar os contidos?

    Ata o 30 de decembro de 2017.


    7. Como accedo aos contidos?

    Unha vez te matricules na Zona de matrícula poderás entrar a través da Aula Virtual da EGAP (http://egap.xunta.gal/aulavirtual)


    8. Contarei co apoio dun titor durante o curso?

    Non. Os contidos están deseñados para ser completados sen titorización.


    9. Obterei un diploma polo acceso aos contidos?

    Non. Para obter un diploma será preciso matricularse nunha proba de avaliación e superala.


    10. Como me matriculo nas probas de avaliación?

    A través da Zona de matrícula da EGAP (http://egap.xunta.gal/matricula/).


    11. Cando poderei matricularme nas probas de autoformación?

    Desde as 8 horas do 11 de abril ata as 14 horas do 20 de abril.


    12. Cantas solicitudes podo facer para as probas de avaliación?

    Un máximo de cinco.


    13. Cales son os criterios de selección?

    Empregaranse os criterios xerais da EGAP, establecidos na Resolución do 4 de xaneiro de 2008 pola que se actualizan os criterios de participación nas actividades formativas da EGAP (DOG do 10 de xaneiro de 2008).


    14. É preciso ter accedido ao programa de autoformación para poder matricularse nas probas de avaliación?

    Non, son independentes.


    15. Como saberei se fun seleccionado para as probas de avaliación?

    As persoas seleccionadas ou en reserva serán avisadas a través dun correo electrónico e dunha mensaxe ao móbil (é preciso facilitar o número na zona de matrícula). Ademais, as listaxes de persoas admitidas publícanse na páxina web da EGAP.


    16. Onde serán as probas de avaliación?

    Na sede da EGAP, en Santiago de Compostela.


    17. Como van ser as probas de avaliación?

    Será un exame tipo test cun número de preguntas variable dependendo das horas da actividade (40 preguntas para as de 25, 30 e 40 horas e 30 preguntas para as de 20 e 15 horas). Na proba o alumno disporá dunha soa tentativa e para superala deberá contestar correctamente como mínimo ao 70% das preguntas. As preguntas incorrectas non descontan.



© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia