Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
  • Imaxe benchmarking 1   Imaxe benchmarking 2   Imaxe benchmarking 3  

    As administracións públicas operan cada vez máis en contornos cambiantes e competitivos, de xeito que precisan unha permanente adaptación e anticipación que lles permita afrontar os retos que se lle presentan con garantías de éxito.

    A comparación e o estudo da maneira de proceder doutras entidades de referencia é unha técnica de alto interese para a mellora continua da EGAP.

    ¿Que é o Benchmarking?
    Aprender doutros a través dun proceso sistemático e continuo de avaliación dos procesos e servizos que levan a cabo organizacións recoñecidas como representantes das mellores prácticas. Isto permite identificar a maneira máis adecuada de executar boa parte dos procesos ou servizos que son comúns a distintas organizacións.

    ¿Cal é a súa finalidade?
    O obxectivo último que se persegue é a realización das actividades propias da escola mediante a posta en marcha das melloras oportunas a partir do aprendido doutras entidades públicas, foros ou comunidades. Para que as actuacións de benchmarking produzan os resultados esperados é preciso que se fundamenten nas premisas de aprendizaxe compartida, cooperación e respeto polo traballo desenvolto polas demais persoas.
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia