Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
  • Imaxe biblioteca 1   Imaxe biblioteca 2   Imaxe biblioteca 3  

    A biblioteca da EGAP sitúase no primeiro andar do edificio. Está aberta ao público en xeral e nela pódense consultar fondos bibliográficos especializados relacionados coa Administración pública, o dereito, a socioloxía, os idiomas, a economía e a estatística.

    Para consultar o catálogo da biblioteca da EGAP prema aquí.

    Ademais das consultas, permítense os préstamos a domicilio de monografías. Para solicitalos é preciso contar cunha carta de lector que se expedirá na biblioteca despois de cubrir un formulario e presentar unha copia do DNI. Cada lector pode retirar un máximo de tres libros durante 15 días, que serán prorrogables por outros 15 se se solicita por teléfono (981 546 324) ou por correo electrónico (biblioteca.egap@xunta.gal). Existe a posibilidade de renovalos outros 15 días máis coa condición de que non haxa reservas.

    Todos os usuarios teñen á súa disposición dous ordenadores na sala de lectura nos que se permite o acceso a internet e a consulta de material audiovisual.

    HORARIO:
    • De luns a xoves de 9:00 a 19:30 h.
    • Venres de 09:00 a 15:00 h.

    HORARIO DE VERÁN:
    Xullo
    • De luns a xoves de 9:00 a 19:00 h.
    • Venres de 09:00 a 15:00 h.
    Agosto
    • De luns a Venres de 09:00 a 15:00 h.


  • Recursos
  •   Consulta Online do catálogo da biblioteca  
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia