Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
  • Imagen 1 de 7  

    Cursos de nivel medio de linguaxe administrativa galega

    Cursos / Venres, 15 de Abril de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, no DOG núm. 72 do 15 de abril, cinco cursos de nivel medio de linguaxe administrativa galega en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.


    Estas actividades van dirixidas:
    • ao PAS das universidades galegas
    • aos empregados públicos que presten servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia e nas institucións públicas autonómicas que non poidan acceder ás convocatorias de formación continua
    • aos empregados públicos ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia
    • aos empregados públicos destinados na Administración autonómica de Galicia

    Para inscribirse no curso deberán facelo a través da zona de matrícula da EGAP desde as 08.00 horas do día 16 de abril ata as 14.00 horas do día 25 de abril de 2016. Cada persoa só poderá solicitar unha edición do curso convocado.

    Para acceder a estes cursos é necesario ter validado ou superado, na data de publicación desta resolución, o curso Celga 4, os cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, o curso básico de linguaxe administrativa galega, o curso básico de linguaxe xurídica ou o curso básico de linguaxe administrativa sanitaria.

    Os cinco cursos impartiranse segundo se indica a continuación:

    UN16015. Curso medio de linguaxe administrativa galega
    Modalidade Horas Prazas Datas Exame final
    Teleformación 75 30 do 9 de maio ao 10 de xullo 16 de xullo

    EP16018. Curso medio de linguaxe administrativa galega
    Modalidade Horas Prazas Datas Exame final
    Teleformación 75 30 do 9 de maio ao 10 de xullo 16 de xullo

    LO16024. Curso medio de linguaxe administrativa galega
    Modalidade Horas Prazas Datas Exame final
    Teleformación 75 30 do 9 de maio ao 10 de xullo 16 de xullo

    FC16157. Curso medio de linguaxe administrativa galega
    Modalidade Horas Prazas Datas Exame final
    Teleformación 75 30 do 9 de maio ao 10 de xullo 15 de xullo
    Teleformación 75 30 do 9 de maio ao 10 de xullo 15 de xullo
    Teleformación 75 30 do 9 de maio ao 10 de xullo 15 de xullo

    FC16158. Curso medio de linguaxe administrativa galega
    Modalidade Horas Prazas Datas Exame final
    Presencial (Santiago) 75 30 de 8 a 10 horas 15 de xullo

    As probas finais presenciais terán lugar na sede da EGAP, en Santiago de Compostela.

    Máis información: no DOG núm.72, nos teléfonos 981 546 257, 981 546 254 e 981 546 335 ou no enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 471 de 602
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia