Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    III Premio internacional de investigación Instituto García Oviedo

    Investigación / Mércores, 28 de Setembro de 2016.

    O Instituto Universitario de Investigación García Oviedo da Universidade de Sevilla convoca a terceira edición do “Premio Internacional de Investigación Instituto García Oviedo”, que ten como obxecto fomentar a investigación e a súa difusión no ámbito do Dereito administrativo.


    O obxecto dos traballos é a análise e o estudo xurídico no ámbito do Dereito administrativo, tanto desde enfoques dogmáticos ou doutrinais como xurisprudenciais. Neste último caso, poderán terse en conta resolucións de órganos xudiciais españois, europeos ou internacionais.

    Poderán optar ao premio aquelas persoas que teñan a condición de licenciados ou graduados universitarios, españois ou estranxeiros. Os estudos poderán realizarse de forma individual ou en equipo. Os equipos non poderán estar integrados por máis de tres persoas.

    Prazo de presentación dos traballos: desde 10 de setembro de 2016 ata o 27 de xaneiro de 2017.
    Mais información en http://iugo.us.es/premios2.php?idpremios=41

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 523 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212