Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    A EGAP finaliza o seu curso superior sobre as leis 39/2015 e 40/2015

    Cursos / Xoves, 22 de Decembro de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública acolleu esta tarde a última sesión do Curso superior sobre as leis 39/2015 e 40/2015 do procedemento administrativo común e do réxime xurídico do sector público. A lección de clausura foi impartida por Francisco Velasco Caballero, catedrático de Dereito administrativo da Universidade Autónoma de Madrid, e versou sobre os retos que supón a aplicación desta nova lexislación nas entidades locais.


    Durante a súa intervención, Velasco Caballero afirmou que estamos ante unha nova estrutura lexislativa que supuxo unha tentativa de simplificación procedemental, xeneralización da administración electrónica e racionalización do sector público. O profesor Velasco identificou os puntos da nova normativa que poderían provocar conflitos no ámbito local como consecuencia da súa aplicación.

    Ademais, o docente desta tarde abordou as tarefas que terán que acometer as entidades locais en materia de organización, procedemento e administración electrónica. Neste último punto, Velasco Caballero sinalou que a posibilidade de instaurar a e-administración na relación entre os organismos municipais e a cidadanía soamente será posible coa implantación efectiva das oficinas de asistencia de rexistros, o que levará a unha política de selección e formación de empregados públicos habilitados para a sinatura electrónica de terceiros.

    Finalmente, durante a clausura, a directora da EGAP resaltou a calidade dos docentes deste curso superior, o cal definiu como esencial por ter unha repercusión práctica no traballo cotiá dos empregados públicos.

    Desenvolvemento do curso superior
    Durante dous meses cen empregados públicos das administracións galegas especializáronse na EGAP nas novas leis de procedemento administrativo e do réxime xurídico do sector público. Esta actividade realizouse en 14 sesións impartidas tanto por letrados da Xunta de Galicia como por profesores universitarios expertos na materia, como José Esteve Pardo, catedrático de Dereito administrativo da Universidade de Barcelona ou Ricardo Rivero Ortega, catedrático de Dereito administrativo da Universidade de Salamanca.

    Cunha duración de 42 horas, esta actividade serviu para profundar nas principais novidades que achegan estas dúas normas nucleares do réxime xurídico español e a súa incidencia na organización e funcionamento da Administración.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 546 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212