Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Nota aclaratoria sobre a convocatoria do 17 de febreiro

    Cursos / Mércores, 22 de Febreiro de 2017.

    A Escola Galega de Administración Pública informa de que non hai cambios nas condicións de acceso á formación continua respecto da convocatoria para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia do ano 2016.


    A base primeira, apartado 3 da Resolución da directora da Escola Galega de Administración pública do 17 de febreiro de 2017 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm.34 do 17 de febreiro do ano 2017) cando fala do persoal que pode participar nas accións formativas convocadas nesta Resolución dispón:

    “Así mesmo, o persoal que presta servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamiento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e institucións públicas autonómicas, poderán acceder a todas as actividades formativas desta convocatoria en que queden prazas vacantes. “

    Este parágrafo da Resolución refírese ao persoal que presta servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na línea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e institucións públicas autonómicas que non acceda a formación continua por ser persoal propio do ente ou institución pública.

    Colectivo este, para o que se elaborou un plan de formación específico e que nas próximas semanas sairá publicado no Diario Oficial de Galicia.

    Todo o persoal dos entes públicos instrumentais do sector público autonómico de Galicia incluídos no artigo 45 a) da LOFAXGA, que ata o de agora accederon a formación continua, seguirá tendo acceso a esta formación. Este persoal está incluído na base primeira, apartado 1, cando dispón:

    “Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución:

    1. Os empregados públicos e as empregadas públicas destinados na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia...”


    As dúbidas e as peticións de información serán atendidas a través dos números de teléfono 981 546 256, 981 546 257 e 981 546 335.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 557 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212