Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais

    A Escola / Xoves, 16 de Marzo de 2017.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 16 de marzo as subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación promovidos polas entidades locais de Galicia para o ano 2017, no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas (Afedap).


    As entidades locais poderán promover plans de formación unitarios ou plans de formación agrupados, circunscritos ao territorio autonómico. As asociacións ou federacións de entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia lexitimamente constituídas ao abeiro do previsto no artigo 120 e seguintes da Lei 5/1997, do 22 de xuño, reguladora da Administración local de Galicia, poderán presentar plans de formación interadministrativos ou agrupados, tanto individualmente por iniciativa propia ou mediante as adhesións dos concellos e deputacións provinciais que o desexen.

    Poderán ser beneficiarios das subvencións os concellos, deputacións provinciais e demais entidades locais que promovan plans de formación para os empregados públicos, de carácter unitario ou agrupado, dentro do ámbito do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas. Tamén poderán ter o carácter de beneficiarias as asociacións ou federacións de entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia que promovan plans interadministrativos ou agrupados para a formación dos empregados públicos das entidades locais.

    Prazo de presentación de solicitudes: un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
    Enderezo web para as solicitudes: https://fedap-galicia.inap.es/
    Máis información: DOG núm. 53
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 564 de 613
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia