Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
  • Imagen 1 de 7  

    Curso superior teórico-práctico sobre a nova lexislación administrativa básica

    Cursos / Martes, 18 de Abril de 2017.

    A EGAP convoca un curso superior presencial, cunha duración de 45 horas, para abordar o estudo das modificacións do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común desde unha perspectiva práctica. Esta actividade combinará en cada sesión a análise, o estudo e o debate dos temas propostos coa resolución de supostos prácticos.


    Destinatarios: persoal funcionario dos subgrupos A1 e A2 e persoal laboral dos subgrupos I e II. No caso de non cubrirse a totalidade das prazas convocadas, as vacantes que resulten poderán ser cubertas por profesionais que estean en posesión do título de doutor/a, licenciado/a, diplomado/a, grao, arquitecto/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a técnico/a e enxeñeiro/a técnico/a.
    Prazas: 100
    Duración: 45 horas
    Datas: do 3 de maio ao 29 de xuño
    Horario: todos os mércores e xoves en horario de tarde, agás os días 17, 18 e 25 de maio
    Importe: 100 euros para os destinatarios que non teñan a condición de persoal empregado público
    Matrícula: desde as 8 horas do 19 de abril ata as 23 horas do 24 de abril en http://egap.xunta.gal/matricula
    Todas as persoas solicitantes, agás o persoal empregado público ao servizo da Administración autonómica ou de xustiza, deberán enviar, dentro do prazo de inscrición, un correo electrónico dirixido a novas.egap@xunta.gal, achegando a certificación acreditativa do grupo de destinatarios a que pertencen ou, de ser o caso, unha copia debidamente cotexada do título.

    A admisión ao curso virá determinada pola data de presentación das solicitudes.

    Máis información no DOG do 18 de abril.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 579 de 630
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia