Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico sobre os 60 anos da Unión Europea: balance e perspectivas

    Cursos / Mércores, 7 de Xuño de 2017.

    En conmemoración do 60 aniversario da sinatura dos Tratados de Roma, o curso ten como finalidade analizar os fitos acadados pola Unión Europea desde a súa constitución ata a actualidade e o futuro do proceso de integración, tendo en conta as incertezas derivadas do Brexit e demais retos que a Unión deberá afrontar os próximos anos.


    Destinatarios: persoal ao servizo das administracións públicas de Galicia e dos entes do sector público autonómico, da Administración de xustiza, das universidades galegas, xuristas, profesionais, docentes, alumnos/as universitarios/as e persoas interesadas en xeral.
    Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela
    Data: 22 e 23 de xuño de 2017
    Horario: día 22, en horario de mañá e tarde; día 23, en horario de mañá
    Duración: 12 horas lectivas
    Inscrición: desde as 8 horas do 8 de xuño ata as 23 horas do 20 de xuño en http://egap.xunta.gal/matricula 

    Máis información no DOG do 7 de xuño ou na ficha do curso 
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 592 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212