Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Cursos para o persoal do Concello da Coruña

    Cursos / Martes, 27 de Xuño de 2017.

    De acordo co convenio de colaboración subscrito o 2 de xaneiro de 2017 entre a Escola Galega de Administración Pública e o Concello da Coruña para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócanse dous cursos para o persoal do Concello da Coruña.


    Matrícula: desde as 8 horas do 28 de xuño ata as 14 horas do 7 de xullo en http://egap.xunta.gal/matricula

    CV17018: elaboración de pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas

    Obxectivos: dotar os destinatarios de coñecementos e ferramentas actualizados sobre os aspectos teórico-prácticos da elaboración dos pregos e instrucións para a adxudicación de contratos na Administración pública.
    Destinatarios: persoal dos grupos A1 e A2, do Concello de A Coruña
    Modalidade: teleformación
    Duración: 30 horas
    Datas: do 13 de setembro ao 13 de outubro de 2017
    Proba final presencial: o día 18 de outubro ás 12.00 horas no Centro EASY SYSTEM, r/ Río de Monelos, 18 (fronte ao Forum Metropolitano), A Coruña.
    Prazas: 50 

    CV17019: aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft office 2010)

    Obxectivos: proporcionar coñecementos avanzados no procesador de textos Word.
    Destinatarios: persoal do Concello da Coruña
    Modalidade: teleformación
    Duración: 30 horas
    Datas: do 13 de setembro ao 13 de outubro de 2017
    Proba final presencial: o día 18 de outubro ás 10.00 horas no Centro EASY SYSTEM, r/ Río de Monelos, 18 (fronte ao Forum Metropolitano), A Coruña.
    Prazas: 50
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 595 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212