Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico Faite entender: a comunicación positiva e a arte de ler entre liñas

    Cursos / Luns, 10 de Xullo de 2017.

    Este curso ten como finalidade contribuír ao desenvolvemento das competencias comunicativas proporcionando ás persoas participantes as destrezas, estilos e estratexias que favorecerán a comunicación positiva nas actividades de información e asesoramento ao público.


    Destinatarios: persoal empregado público das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e de xustiza, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma, das universidades do Sistema universitario de Galicia, xuristas, profesionais e persoas interesadas en xeral.
    Lugar: EGAP, Santiago de Compostela.
    Datas: os días 4, 5, 11 e 12 de setembro
    Horario: os días 4, 5 e 11 de setembro, das 16.30 ás 20.30 horas; o día 12 de setembro, das 17.00 ás 20.00 horas
    Duración: 15 horas lectivas
    Prazas: 35 
    Inscrición: desde as 8 horas do 11 de xuño ata as 23 horas do 25 de xullo en http://egap.xunta.gal/matricula/ 

    Excepto as persoas que pertenzan á Administración autonómica ou á Administración de xustiza, todos/as os/as solicitantes deberán enviar un correo a novas.egap@xunta.gal, e achegar, se é o caso, a certificación acreditativa da súa condición de persoal empregado público e do grupo e/ou categoría a que pertencen. Esta certificación será expedida pola persoa que realice as tarefas de certificación da Administración en que preste os seus servizos. Serán excluídas aquelas solicitudes de persoal empregado público que non xunten a devandita certificación ou que sexa recibida con posterioridade ao último día habilitado para a inscrición, isto é, o 25 de xullo de 2017.

    Máis información na ficha do curso ou no DOG do 10 de xullo.


  •   Anterior Seguinte  
    Pax 598 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212