Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A directora da EGAP inaugura o curso Cambio e motivación na función pública

    Cursos / Mércores, 12 de Xullo de 2017.

    Sonia Rodríguez-Campos, directora da Escola Galega de Administración Pública, inaugurou esta mañá o curso Cambio e motivación na función pública, que ten entre os seus obxectivos a capacitación dos empregados da Administración para realizar con eficiencia o seu traballo diario e mellorar as súas habilidades.


    Durante o acto, a directora da EGAP identificou como un dos principais problemas dentro da función pública que os empregados públicos cheguen a asumir como propia a mala imaxe que a sociedade ten deles, o cal pode provocar unha falta de vitalidade e de dinamismo que supón un obstáculo para a mellora profesional. Como consecuencia, incidiu, “resulta evidente a necesidade de fomentar a motivación entre os nosos empregados públicos co fin de consolidar unha Administración de calidade e á altura do que a cidadanía precisa”.

    Nesta liña, Rodríguez-Campos sinalou a importancia de facilitarlles aos traballadores da públicos, a través da formación, os instrumentos necesarios para xestionar equipos, informar correctamente ao cidadán baixo calquera circunstancia, resolver conflitos ou mellorar o traballo diario a través de técnicas de motivación. Para conseguilo, a EGAP vén apostando desde 2013 por unha formación máis práctica e polo reforzamento das materias incluídas na área de cursos específica sobre comunicación, organización e mellora das habilidades. Este tipo de materias destacan pola elevada demanda e pola boa valoración por parte dos empregados públicos que as cursan.

    Curso de motivación e cambio
    O curso convocado pola EGAP ten unha duración de catro horas, durante as cales 24 persoas, a través dunha metodoloxía experiencial e dinámica, incrementarán a súa motivación, aproveitando mellor o tempo e acadando máis facilmente os obxectivos marcados. Esta formación contribuirá a descubrir as capacidades necesarias para superar a maioría dos desafíos a través de dinámicas de alto impacto.

    A materia é impartida por Felipe García Rey, formador experiencial, coach profesional e motivador de alto impacto especializado en equipos de alto rendemento. Ademais, é autor de numerosos artigos sobre a temática.
     
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 599 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212