Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP e o ISSGA convocan tres novos cursos de prevención de riscos laborais nivel básico

    Cursos / Xoves, 3 de Agosto de 2017.

    De acordo co convenio de colaboración asinado o 4 de xaneiro de 2017 entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócanse tres edicións do curso de prevención de riscos laborais nivel básico para empregados públicos, traballadores por conta allea ou autónomos, empresarios e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.


    Destinatarios: Empregados/as públicos/as, traballadores por conta allea ou autónomos, empresarios e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
    Matrícula: desde as 9 horas do 28 de agosto ata as 23.55 horas do 6 de setembro en http://egap.xunta.gal/matricula
    Modalidade: teleformación
    Duración: 60 h.
    Edicións: tres
    Datas: do 26 de setembro ao 23 de novembro de 2017
    Proba final presencial:  o 23 de novembro ás 10:00 horas
    A proba realizarase de forma descentralizada nos Centros Territoriais do ISSGA da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e na sede da EGAP en Santiago de Compostela.
    Prazas: 50 por edición
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 604 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212