Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
  • Imagen 1 de 7  

    Convocada a XX edición do Premio Manuel Colmeiro

    A Escola / Venres, 4 de Agosto de 2017.

    A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza convoca o Premio Manuel Colmeiro na súa vixésima edición co gallo de fomentar e distinguir traballos de estudo e investigación sobre as administracións territoriais, institucionais e os entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia. Os traballos poderán versar sobre a súa organización, estrutura, funcións e/ou ámbitos competenciais.


    Persoas destinatarias: persoas individuais ou grupos de traballo de calquera nacionalidade dos estados membros da Unión Europea.
    Dotación económica: 3.500 euros
    Características dos traballos: deberán ser orixinais, inéditos e non premiados con anterioridade. Presentaranse en formato A4, a dobre espazo e cunha extensión mínima de 100 páxinas. A investigación poderá ser realizada desde calquera perspectiva, xa sexa histórica, xurídica, administrativa, política, sociolóxica ou económica.
    Presentación das solicitudes: entre o 5 de agosto e o 31 de outubro de 2017 na sede electrónica da Xunta de Galicia. Deberán ir asinadas electrónicamente.
    Máis información aquí ou no DOG do 4 de agosto
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 606 de 630
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia