Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico Modelos de comunicación cos residentes: como comunicarse cos residentes que presentan deterioración cognitiva

    Cursos / Martes, 29 de Agosto de 2017.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca esta actividade formativa coa finalidade de favorecer o desenvolvemento de estratexias de comunicación efectiva e afectiva, promovendo unha intervención comunicativa eficaz coas persoas que presentan deterioración cognitiva, a través da integración das técnicas de comunicación emocional.


    Destinatarios: o persoal empregado público das administracións públicas galegas, en situación de servizo activo ou asimilada, que se dedique á atención a persoas maiores ou persoas con discapacidade dependentes, tanto en centros prestadores de servizos sociais coma en servizos de atención domiciliaria.
    Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela
    Datas: 25, 26, 27 e 28 de setembro de 2017
    Horario: de tarde
    Duración: 15 horas lectivas
    Número de prazas: 35
    Inscrición: desde as 8 horas do 30 de agosto ata as 23 horas do 18 de setembro en http://egap.xunta.gal/matricula 

    Todos/as os/as solicitantes deberán enviar un correo electrónico a novas.egap@xunta.gal, achegando un certificado acreditativo da súa condición de persoal empregado público dedicado á atención a persoas maiores ou persoas con discapacidade dependentes. Esta certificación será expedida pola persoa que realice as tarefas de certificación da Administración en que preste os seus servizos.

    Máis información no DOG do 29 de agosto ou na ficha do curso.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 607 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212