Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP inicia un curso para mellorar as habilidades de comunicación dos empregados públicos

    Cursos / Luns, 4 de Setembro de 2017.

    A Escola Galega de Administración Pública iniciou esta tarde o curso Faite entender: a comunicación positiva e a arte de ler entre liñas, no que 35 empregados públicos adquirirán as destrezas, estilos e estratexias necesarias para favorecer a comunicación positiva nas actividades de información e asesoramento ao público


    Durante a inauguración da actividade, Sonia Rodríguez-Campos fixo fincapé no concepto de comunicación como un factor fundamental para mellorar a Administración pública, sendo unha das ferramentas máis importantes coas que contamos no ámbito profesional para mellorar o servizo que se lle ofrece á cidadanía.

    Esta actividade, segundo palabras da directora da EGAP, reflicte “unha vez máis a aposta do organismo por afianzar a formación dos empregados públicos na área de comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades. Desde a Escola cremos esencial contribuír ao desenvolvemento das competencias comunicativas dos traballadores da Administración, proporcionándolles as ferramentas e as estratexias necesarias para dar o mellor servizo á cidadanía”.

    O curso consta de catro sesións, cun total de 15 horas lectivas, nas que os 35 participantes mellorarán as súas competencias comunicativas, desenvolverán novas habilidades sociais e aumentarán o seu autocoñecemento e a súa motivación.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 609 de 629
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia