Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico sobre as novidades en materia de Administración electrónica

    Cursos / Xoves, 5 de Outubro de 2017.

    A EGAP organiza o 19 de outubro en Santiago de Compostela un curso monográfico sobre as novidades en materia de Administración electrónica introducidas polas leis 39/2015 e 40/2015.


    Obxectivos: analizar os aspectos máis salientables da lexislación de 2015 en materia de Administración electrónica con especial atención a:
    • as notificacións electrónicas nas leis 39/2015 e 40/2015,
    • a sede electrónica e a súa regulación,
    • os sistemas de identificación e de sinatura electrónica e
    • os aspectos relacionados coa tramitación do procedemento administrativo, en particular, a regulación do documento electrónico, copias electrónicas, arquivo electrónico de documentos e expediente electrónico.
    Persoas destinatarias: persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, ao servizo das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica, como local e de xustiza, dos entes instrumetnais da Comunidade Autónoma, das universidades do Sistema universitario de Galicia, xuristas, profesionais e persoas interesadas en xeral.
    Lugar: EGAP, Santiago de Compostela
    Data: xoves, 19 de outubro
    Horario: mañá e tarde
    Duración: 8 horas lectivas
    Inscrición: en http://egap.xunta.gal/matricula desde as 8 horas do 6 de outubro ata as 23 horas do 10 de outubro. Excepto as persoas que pertenzan á Administración autonómica ou de xustiza, todos os solicitantes -de ser o caso- deberán enviar a novas.egap@xunta.gal unha certificación acreditativa da súa condición de persoal empregado público.

    Máis información no DOG do 5 de outubro ou na web da EGAP
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 617 de 630
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia