Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de iniciación en xestión e control de flora exótica invasora

    Cursos / Venres, 6 de Outubro de 2017.

    A EGAP convoca un curso de cestión e control de flora exótica invasora grazas ao convenio de colaboración subscrito entre este organismo e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócase un curso de iniciación en xestión e control de flora exótica invasora. 




    Obxectivos: Formar persoal técnico relacionado coa xestión de montes, do medio rural, de parques e xardíns, de obras públicas e de conservación da natureza, no referido ao coñecemento dos procesos de invasión de flora exótica e a súa problemática ambiental e económica. Sensibilizar acerca da existencia e das características das invasións biolóxicas no seu papel como factor de degradación ambiental de primeira orde contribuír a frear a perda de biodiversidade local e global (obxectivo da Unión Europea para 2020) a través do coñecemento e da correcta xestión desta problemática ambiental.

    Destinado a:
    1. Persoal técnico das administracións local, autonómica e estatal con competencias na xestión de montes, do medio rural de parques e xardíns, de obras públicas e de conservación da natureza.
    2. Profesionais que realicen os seus traballos nos ámbitos forestal, do medio rural, da xardinaría, das obras públicas e da conservación na natureza.
    3. Estudantes de universidade en titulacións relacionadas con aspectos citados.
    4. Persoas interesadas na conservación da natureza e as plantas exóticas.
    Modalidade: presencial
    Duración: 24 horas
    Edicións: unha
    Lugar: Santiago de Compostela: local Cersia Empresa. Rúa do Alcalde Raimundo López Pol
    Datas: días 25 (10.00-14.00 horas), 26 (9.00-13.00 e 15.00-19.00 horas), 30 (9.00-13.00 e 15.00-19.00 horas) e 31 (10.00-14.00 horas) de outubro de 2017. As sesións de tarde serán de prácticas de campo.
    Prazas: 25
    Matrícula: en http://egap.xunta.gal/matricula desde as 8 horas do 7 de outubro ás 14 horas do 16 de outubro. 

    Máis información no DOG do 6 de outubro ou na ficha do curso.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 618 de 623
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia