Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    Máis de trescentas persoas asisten na EGAP a un curso de administración electrónica

    Cursos / Xoves, 19 de Outubro de 2017.

    Esta mañá deu comezo na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) un curso monográfico para dar a coñecer o novo marco normativo de aplicación en materia de administración electrónica. Grazas a esta actividade máis de trescentas persoas puideron coñecer as novidades máis salientables que achega a este eido a nova lexislación administrativa básica. 


    Á sesión de apertura asistiron a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira.

    Durante o acto de inauguración, a directora da EGAP salientou que a nova lexislación administrativa básica senta as bases dun aparato administrativo que lles asegurará ás persoas a posibilidade de relacionarse cos organismos públicos a través de medios electrónicos, poñendo á disposición dos interesados todas as canles de acceso que sexan precisas. Ademais, resaltou a importancia do desenvolvemento da tramitación electrónica, co fin de servir mellor aos principios de eficacia e eficiencia, ao aforro de custos, ás obrigas de transparencia e ás garantías da cidadanía.

    Por estes motivos, Sonia Rodríguez-Campos fixo fincapé na necesidade de reforzar a formación dos empregados públicos ante os recentes cambios, tanto tecnolóxicos como lexislativos, que están a afectar á Administración, xa que a súa contribución será esencial para modernizar o sector público.

    Curso monográfico sobre as novidades en materia de administración electrónica
    O curso monográfico iniciado esta mañá na Escola Galega de Administración Pública ten como finalidade analizar os aspectos máis salientables da nova lexislación administrativa básica en materia de administración electrónica. Así, cinco expertos na materia informarán sobre as notificacións electrónicas nas leis 39/2015 e 40/2015, a relación da cidadanía coa sede electrónica, a regulación dos rexistros electrónicos, a sinatura ou a tramitación do procedemento administrativo.
     
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 622 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212