Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico A nova configuración xurídica do urbanismo e do patrimonio cultural en Galicia

    Cursos / Luns, 6 de Novembro de 2017.

    O curso ten como finalidade analizar os cambios normativos producidos coa aprobación da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, unida ao seu regulamento aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, e coa aprobación da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

    Do mesmo xeito, inclúese o estudo de aspectos novos como o enerxético, a contaminación luminosa, o aspecto penal e o relacionado coas exixencias derivadas da Lei 9/2014, do 9 de maio, xeral de telecomunicacións, en relación coa contaminación electromagnética.


    Este curso resulta esencial para todo o persoal ao servizo de calquera das administracións públicas encargado do estudo e aprobación de plans urbanísticos, en especial para o persoal ao servizo da Administración local encargado da elaboración do planeamento municipal, da tramitación das licenzas urbanísticas, da súa concesión, ao persoal dos seus servizos xurídicos, aos membros das súas escalas de arquitectos/as, enxeñeiros/as, arqueólogos/as ou membros dos colexios profesionais de arquitectos/as, avogados/as e enxeñeiros/as.

    Persoas destinatarias: persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e de xustiza, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma, das universidades do Sistema universitario de Galicia, profesionais e persoas interesadas en xeral.
    Lugar: EGAP, Santiago de Compostela
    Data: martes, 21 de novembro
    Horario: mañá e tarde
    Duración: 8 horas lectivas
    Inscrición: desde as 8 horas do 7 de novembro ata as 23 horas do 13 de novembro en http://egap.xunta.gal/matricula. Excepto as persoas que pertenzan á Administración autonómica ou á Administración de xustiza, todos/as os/as solicitantes deberán enviar un correo a novas.egap@xunta.gal e achegar a certificación acreditativa da súa condición de persoal empregado público e do grupo e/ou categoría a que pertencen.

    Máis información no DOG do 6 de novembro ou na ficha do curso.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 626 de 629
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia