Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    X Xornadas nacionais de defensa da competencia: libre competencia, boa regulación e unidade de mercado en beneficio das persoas consumidoras

    Xornadas / Martes, 7 de Novembro de 2017.

    O obxectivo desta actividade, organizada en colaboración coa Comisión Galega da Competencia, é analizar as cuestións máis actuais que suscita a aplicación da normativa española e da Unión Europea no ámbito da defensa e promoción da competencia nos mercados, a importancia de fomentar as mellores prácticas regulatorias e a incidencia da recente Sentenza do Tribunal Constitucional núm. 79/2017, do 22 de xuño, na aplicación da Lei 20/2013, do 9 de decembro, de garantía da unidade de mercado.


    Persoas destinatarias: persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e de xustiza, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma, das universidades do Sistema universitario de Galicia, profesionais e persoas interesadas en xeral.
    Lugar: salón de graos da Facultade de Dereito. Campus Vida, Santiago de Compostela
    Datas: 23 e 24 de novembro de 2017
    Horarios: día 23 de novembro, mañá e tarde, día 24 de novembro, horario de mañá
    Duración: 13 horas lectivas
    Inscrición: desde as 8 horas do 8 de novembro ata as 23 horas do 17 de novembro en http://egap.xunta.gal/matricula

    Máis información no DOG do 7 de novembro ou na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 628 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212