Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico A nova Lei de contratos do sector público

    Cursos / Xoves, 30 de Novembro de 2017.

    A EGAP convoca para os días 19 e 20 de decembro un curso monográfico sobre a nova Lei de contratos do sector público co fin de analizar as principais modificacións introducidas por esta norma e propiciar o debate ao redor daqueles aspectos máis innovadores e relevantes dende o punto de vista xurídico e da xestión pública.


    Persoas destinatarias: persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e de xustiza, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma, das universidades do Sistema universitario de Galicia, profesionais e persoas interesadas en xeral.
    Datas: 19 e 20 de decembro
    Lugar: EGAP, Santiago de Compostela
    Horario: o 19 de decembro en horario de mañá e tarde e o 20 de decembro en horario de mañá
    Duración: 12 horas lectivas
    Inscrición: desde as 8 horas do 1 de decembro ata as 23 horas do 12 de decembro en http://egap.xunta.gal/matricula 
    Excepto as persoas que pertenzan á Administración autonómica ou á Administración de xustiza, os solicitantes deberán enviar un correo a novas.egap@xunta.gal achegando, de ser o caso, a certificación acreditativa da súa condición de persoal empregado público. 

    Máis información no DOG do 30 de novembro ou na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 630 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212