Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera

Misión

  • Imaxe mision  

    • Misión

    • Acadar unha maior profesionalización do persoal ao servizo das Administracións públicas, que redunde nunha maior eficacia e eficiencia na prestación dos servizos á cidadanía, a través dunha formación que teña en conta as innovacións e as melloras na xestión pública, dende unha vertente práctica e aproveitando todo o potencial das novas tecnoloxías.

      En concreto, a actividade formativa da EGAP oriéntase a...

      -  Impartir unha formación de calidade e flexible, que se atope en consonancia cos cambios tecnolóxicos e sociais e que favoreza a conciliación da vida persoal e profesional.

      -  Promover a formación continuada ao longo da vida profesional dos empregados públicos, posibilitando o desenvolvemento por parte de cada alumno/a do seu propio itinerario formativo e a súa mellora profesional.

      -  Capacitar ao persoal das Administracións públicas para dar unha resposta áxil, eficaz e satisfactoria ás necesidades e expectativas da cidadanía, contribuíndo á mellora da xestión pública.
    • - Promover e difundir estudos e actividades relativos ás Administracións públicas e propiciar o debate de ideas nesta materia, co obxecto de subministrar ao persoal das Administracións públicas galegas, e á sociedade en xeral, información útil na formulación e resolución das problemáticas actuais.
    • - Capacitar ao persoal ao servizo da Administración pública para que poida desenvolverse correctamente en lingua galega, tanto escrita como oralmente, con especial atención á linguaxe técnica.
    • Visión

    • A EGAP asume o rol de “organización do coñecemento”, favorecendo a interacción, o intercambio de información e a colaboración entre os distintos axentes e estende a súa misión formativa e divulgativa ao conxunto da sociedade, orientándose á innovación e á excelencia na procura da modernización das Administracións públicas galegas.

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia