Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso monográfico Faite entender: a comunicación positiva e a arte de ler entre liñas

    Cursos / Luns, 10 de Xullo de 2017.

    Este curso ten como finalidade contribuír ao desenvolvemento das competencias comunicativas proporcionando ás persoas participantes as destrezas, estilos e estratexias que favorecerán a comunicación positiva nas actividades de información e asesoramento ao público.
  • V Congreso sobre prevención e represión do branqueo de diñeiro

    Xornadas / Luns, 3 de Xullo de 2017.

    O congreso, que terá lugar os días 20 e 21 de xullo, analizará as reformas do 2015 en materia de prevención e represión do branqueo de diñeiro e a súa incidencia na economía e sociedade dixital e contará con destacados especialistas na materia.
  • Cursos para o persoal do Concello da Coruña

    Cursos / Martes, 27 de Xuño de 2017.

    De acordo co convenio de colaboración subscrito o 2 de xaneiro de 2017 entre a Escola Galega de Administración Pública e o Concello da Coruña para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócanse dous cursos para o persoal do Concello da Coruña.
  • Cursos de nivel medio e superior de linguaxe administrativa galega

    Cursos / Martes, 27 de Xuño de 2017.

    A EGAP, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, tres cursos de nivel medio de linguaxe administrativa galega e tres cursos de nivel superior de linguaxe administrativa galega.
  • Curso monográfico Cambio e motivación na Función Pública

    Cursos / Venres, 23 de Xuño de 2017.

    Dado o momento actual no que vivimos, con saturación de compromisos tanto persoais coma profesionais, deixamos nun segundo plano o noso propio desenvolvemento persoal. Este curso persegue, dunha forma totalmente práctica e experiencial, que as persoas participantes, poidan xestionar mellor o seu tempo, incrementar a súa motivación e acadar así, dun xeito máis doado, os obxectivos que se propoñan.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 121 de 240
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212