Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera

Organización


    Estrutura orgánica da EGAP

    Dirección

    Ostenta a representación ordinaria da Escola, prepara e executa os acordos do Consello Reitor, dirixe os Servizos e exerce a xefatura do persoal, elabora o anteproxecto do orzamento anual da Escola para sometelo á aprobación do Consello Reitor, propón o plan anual de actividades ao Consello Reitor, prepara a memoria de actividades, coordina o desenvolvemento de actividades, expide os diplomas e os certificados acreditativos dos estudos e dirixe, impulsa e supervisa o cumprimento dos fins e actividades da Escola.

    Secretaría Xeral

    Desempeña a secretaría do Consello Reitor e vela pola execución dos acordos adoptados no seu seo; prepara, en coordinación coa Subdirección Académica, os anteproxectos do plan anual de actividades e a memoria anual sobre as actuacións da Escola; xestiona o orzamento; administra e xestiona o patrimonio e os recursos económicos da Escola; xestiona e supervisa a contratación administrativa; leva a cabo o asesoramento xurídico e financeiro; administra e xestiona o persoal da Escola; xestiona os asuntos de réxime interior, rexistro, información, documentación administrativa, arquivo e inventario; coordina e supervisa a elaboración das propostas de disposicións, instrucións, circulares e procedementos de xestión; planifica e impulsa os sistemas de información e comunicación do organismo; coordina e inspecciona os servizos e unidades da Escola; vela polo cumprimento da normativa sobre o tratamento de datos de carácter persoal; e substitúe a persoa titular da Dirección nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade.

    EGAP structure

    Servizo Económico-Administrativo

    Elabora o borrador do anteproxecto de orzamentos da Escola; executa e controla o orzamento, tramita as súas modificacións, xestiona os créditos orzamentarios e xustifica as contas xerais; habilita os pagamentos e adquire, xestiona e controla os medios materiais para o funcionamento ordinario do organismo; controla o mantemento das aulas; xestiona os expedientes de contratación administrativa; xestiona o persoal; e xestiona as nóminas.

    Servizo de Xestión das Actividades de Formación

    Xestiona e organiza as actividades formativas derivadas do Plan anual da Escola e dos convenios de colaboración con outras entidades e órganos das administracións públicas galegas; realiza a selección do alumnado nas actividades formativas da Escola; colabora cos órganos competentes en materia de función pública na selección do persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, con excepción do persoal docente e sanitario, de acordo co disposto na normativa estatal e autonómica respecto desta materia; organiza cursos vinculados a procesos de selección; e colabora na realización das probas selectivas para o acceso á condición de persoal funcionario.

    A subdirección académica

    Desenvolve as atribucións que lle corresponden á Escola Galega de Administración Pública en materia de formación e perfeccionamento do persoal ao servizo das administracións públicas galegas, así como as relativas a estudos, investigacións e publicacións sobre as administracións públicas.

    Servizo de Programación das Actividades de Formación

    Elabora a proposta do plan de formación anual do persoal ao servizo da Administración autonómica, con excepción do persoal docente e sanitario, así como do persoal ao servizo da Administración local de Galicia e doutras administracións públicas galegas; programa as actividades formativas derivadas dos convenios subscritos; coordina e sigue os diferentes plans de formación; elabora as propostas sobre formación e perfeccionamento do persoal; implanta procesos de mellora continua; desenvolve os procedementos que permiten avaliar a calidade das actividades formativas desenvolvidas pola Escola; propón, planifica e avalía proxectos formativos innovadores; propón e planifica actividades formativas de carácter transversal dirixidas ao persoal ao servizo das administracións públicas galegas, servíndose especialmente das metodoloxías de formación non presencial; analiza as necesidades formativas do persoal ao servizo das administracións públicas galegas; elabora e tramita convenios de colaboración en materia de formación; xestiona os procesos de recoñecemento e homologación de actividades formativas realizadas por outros centros e dirixidas ao persoal ao servizo das administracións públicas galegas; e xestiona as bases de datos de profesorado e persoas expertas, así como a proposta de nomeamento do profesorado.

    Servizo de Estudos e Publicacións

    Desenvolve estudos e investigacións de natureza multidisciplinar sobre as administracións públicas; promove a difusión de estudos e publicacións relativas ás administracións públicas; organiza cursos de excelencia, superiores e de especialización, seminarios, congresos, conferencias e xornadas nas que se propicie o debate de ideas e propostas sobre as administracións públicas; planifica e dirixe programas de actividades dirixidas á formación dos cadros de persoal directivo das administracións públicas; programa e xestiona as actividades formativas de longa duración en colaboración, de ser o caso, coas universidades e outras entidades; prepara e xestiona a convocatoria de bolsas destinadas a fomentar o estudo e a investigación en materias relacionadas coas actividades da Escola; prepara e xestiona a convocatoria de premios destinados a fomentar os estudos e os traballos sobre as administracións públicas; mantén relacións de cooperación e intercambio con outras institucións de interese docente para as actividades da Escola; planifica e xestiona o programa editorial, a difusión e a publicidade das actividades da Escola e a distribución das publicacións resultantes; e xestiona a biblioteca especializada da Escola e selecciona e impulsar a política de adquisicións bibliográficas e de xeración de contidos e documentación de relevancia para as administracións públicas.
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia