Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
  • 1.-Información básica

    Escola Galega de Administración Pública
    Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4
    15707 Santiago de Compostela, A Coruña – España

    Correo electrónico: egap@xunta.gal
    Teléfono: 981 546 040

    Horario de atención ao público: de luns a venres de 9 a 14 h
    Horario da biblioteca: de luns a xoves de 9 a 19 h. Venres de 9 a 15 h.
    Horario de apertura das instalacións: de luns a venres de 7.30 h a 20.30 h.
    Horario da cafetería: de luns a venres de 7.45 h a 20 h

    2- Normativa vixente


    3- Funcións e competencias

    Fins da EGAP:

    • Ofrecer unha formación actualizada e de calidade aos empregados públicos das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, que incorpore as modalidades máis innovadoras e que promova a conciliación laboral e familiar dos seus destinatarios.
    • Servir de elemento dinamizador das melloras administrativas e tecnolóxicas que se incorporen na xestión das administracións públicas.
    • Investigar, documentar, estudar e realizar traballos de divulgación no campo da Administración pública, dándolle a máxima difusión.
    • Promover os intercambios de coñecementos e experiencias con outros organismos semellantes das administracións públicas, a nivel nacional e internacional.
    • Ser un foro de debate permanente cunha visión plural das temáticas de impacto social ou de importancia no funcionamento e mellora das administracións públicas.
    • Capacitar lingüisticamente no idioma galego aos empregados das administracións públicas.

    Organización:


    4- Plans e actuacións

    • Plan de formación anual. A Escola publica anualmente un documento marco no que se reflicten as actividades de formación continua para todos os colectivos, coa pretensión de dotar de unidade e coherencia ao conxunto da oferta da Escola.
    • Aposta polas modalidades non presenciais. A EGAP leva varios anos incrementando progresivamente a porcentaxe de actividades en teleformación, un tipo de ensinanza que permite reducir custos e fai posible a conciliación da vida familiar e laboral. Ademais, introduciu a modalidade de autoformación e a videoconferencia.
    • Formación práctica. Todos os cursos da EGAP inclúen unha porcentaxe mínima do 25% de horas prácticas, o que garante a transferencia efectiva dos coñecementos ao posto de traballo.
    • Formación en lingua galega. A Escola convoca cursos medio e superior de linguaxe administrativa galega para os empregados públicos, tanto na modalidade presencial coma na de teleformación.
    • Formación en linguas estranxeiras. A EGAP aposta pola ensinanza de linguas estranxeiras coa impartición de cursos de portugués, inglés, francés e alemán.
    • Formación en tecnoloxías da información e da comunicación. Desde 2011 impártense as materias do Plan Formativo Ofimática de Galicia, o cal permite aos empregados públicos galegos o dominio de ferramentas ofimáticas; ademais doutros cursos relacionados con este eido.
    • Potenciación da formación para mandos intermedios. A Escola ofrece cursos de perfeccionamento de xefes de sección e negociado. Así mesmo, impártese formación para conseguir o Diploma de directivo ou directiva da Xunta de Galicia.
    • Centro de información e debate. A EGAP consolidouse como foro de debate de cuestións de actualidade relacionadas coa Administración pública a través da celebración de xornadas e cursos monográficos.
    • Edición de publicacións periódicas. A Escola edita dúas revistas de carácter científico: a REGAP, de carácter xurídico-administrativo, e Administración&Cidadanía, en materia de socioloxía e ciencias políticas. O acceso é libre e gratuíto a través da páxina web da Escola. Así mesmo, edítanse obras monográficas sobre distintas materias relacionadas coa Administración pública.
    • Calidade. A EGAP garante a calidade da formación tanto a priori, testando os propios destinatarios da formación en relación coas súas necesidades formativas, como a posteriori, mediante o seguimento da demanda real rexistrada e os resultados das enquisas de avaliación.

    5- Contratación

    Perfil do contratante
    Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, a EGAP difunde a través da rede o seu perfil de contratante. Máis información aquí.

    6- Convenios de colaboración

    A Escola asina anualmente convenios de colaboración que poden ser consultados aquí.

    7- Axudas e subvencións

    A EGAP convoca anualmente bolsas de formación que abarcan diferentes eidos relacionados coa formación e coa Administración Pública. Máis información aquí.


    BOLSACONVOCATORIABENEFICIARIAIMPORTE DA AXUDA
    Bolsa de formación na área de ciencia económicaResolución do 1 de decembro de 2016 pola que se convoca unha bolsa de formación na área da ciencia económica no sector público (DOG 235, do 12 de decembro de 2016).Alonso Suárez, Lorena10.450,00€


    A EGAP convoca anualmente subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia. Máis información aquí.

    8- Información sobre altos cargos




    Retribucións

    TITULAR POSTORETRIBUCIÓNS BRUTAS ANUAISTRIENIOSCOMPLEMENTO PERSOAL*TOTAL



    Rodríguez-Campos González, Sonia52.109,44€2.850,60€.54.960,04€





    NOTA: As cantidades que figuran son brutas, sen descontos por IRPF ou Seguridade Social.
    *O complemento persoal regúlase no art. 17 da Lei 14/2010, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da C. A. de Galicia para o ano 2011.

    9- Orzamento

    Estado de ingresos e gastos. Máis información aquí

    10- Calidade


  • Recursos
  •   Orzamento ano 2016  
  •   Contratación Pública  
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia