A EGAP é un espazo para a análise, a reflexión, o traballo, o debate e a difusión sobre todos aqueles temas que permitan acadar unha Administración moderna e sensible ás esixencias sociais.
Este obxectivo básico concrétase noutros de carácter máis específico, como son:
Desenvolver investigacións científicas de natureza multidisciplinar sobre as Administracións Públicas e o sector público.
Xerar diferentes tipos de estudos, informes e documentación de soporte que aporte valor engadido á actividade formativa e divulgativa desenvolta pola Escola.
Deseñar e desenvolver proxectos diversos en materia de Calidade, que favorezan a mellora continua no servizo prestado pola Escola.
Deste xeito ofrécense solucións innovadoras que contribúen a reforzar a vontade de servizo público, a orientación ao "cliente", a mellora continua, a avaliación da xestión, a participación do persoal da Escola, a sustentabilidade; e ao mesmo tempo, posibilita manter relacións de cooperación e intercambio con outras institucións.