Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
CV21038 - Revisión dos actos en vía administrativa

O obxecto do curso é expoñer, desde un enfoque práctico, o réxime xurídico da revisión dos actos en vía administrativa na recente Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas (LPAC), analizando os instrumentos que prevé o ordenamento xurídico para garantir o sometemento pleno da Administración Pública á Lei e ao Dereito.
Ao longo do curso afondaremos na análise das distintas vías para deixar sen efectos os actos administrativos que non son conformes a Dereito ou corrixir os erros de que adoezan, identificando, en función do vicio presente no acto, o procedemento previsto para a súa revisión.
Centrarémonos na análise dos actos impugnables ou revisables e dos órganos competentes para a súa resolución e faremos un estudo detallado das clases de recursos administrativos: reposición, alzada e extraordinario de revisión, así como das cuestións relativas á revisión de oficio dos actos administrativos e demais institucións xurídicas relacionadas coa anterior, como a declaración de lesividade, a revogación, ou os límites á revisión de oficio.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Cursos Convenios
Area: Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas
Calificacion: Aproveitamento
Plan: F. Contínua
Administracion: LOCAL
Horas: 25
Estado: Producción
Mod.imparticion: Teleformación
Tipoloxia: Xeral
Data inicio matricula: 08/05/2021 - 08:00h
Data Fin matricula: 18/05/2021 - 14:00h
Responsable: LIÑARES REY, SUSANA - s.linaresarrobacoruna.gal
2 Edicións
T01
Localidade
TELEFORMACIÓN
Inicio
03/06/2021
Fin
28/06/2021
Data exame
01/07/2021 - 09:30h
Prazas
50
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212