Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
FC19050 - Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público

O obxectivo principal é dar a coñecer o Estatuto Básico do Empregado Público, a súa estrutura e principios, así como o concepto de empregado público. Este obxectivo xeral pode concretarse, á súa vez, nos seguintes:
- Estudo da regulación constitucional da Función Pública e do marco normativo básico: o Estatuto Básico do Empregado Público e outras normas básicas.
- Aproximación á lexislación galega en materia de Función Pública.
- Coñecemento da presenza do factor humano nas Administracións Públicas e diferenciación dos distintos tipos de empregados públicos. Breve estudo do persoal directivo.
- Coñecemento dos grupos e corpos de funcionarios de carreira.
- Estudo das técnicas e instrumentos que utilizan as Administracións Públicas para organizar os seus recursos humanos (relacións de postos de traballo, plans de emprego e oferta de emprego público).
- Coñecemento dos distintos xeitos de seleccionar o persoal que presta os seus servizos na Administración.
- Estudo dos distintos xeitos de promoción profesional e carreira administrativa, e particularmente, dos sistemas de provisión de postos de traballo.
- Descrición da formación como un dereito básico, cunha breve aproximación a dúas institucións básicas: o Instituto Nacional da Administración Pública e a Escola Galega de Administración Pública.
- Distinción de cada un dos conceptos que compoñen as retribucións públicas.
- Identificación das peculiaridades do sistema retributivo dos funcionarios interinos e dos funcionarios en prácticas.
- Coñecemento das distintas clases de indemnización por razón do servizo.
- Coñecemento dos dereitos individuais básicos.
- Achegamento ao concepto de Código de Conduta e tamén establecemento dun cadro dos Principios éticos e dos Principios de conduta.
- Estudo dos distintos permisos e licenzas a que teñen dereito os empregados públicos.
- Achegamento ao dereito á negociación colectiva subliñando os aspectos máis importantes nesta materia.
- Coñecemento do concepto de avaliación do desempeño e obxectivos que persegue. Métodos utilizados, coas súas vantaxes e inconvenientes.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Cursos Autonómico
Area: Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas
Calificacion: Aproveitamento
Plan: F. Contínua
Administracion: AUTONÓMICA
Horas: 25
Estado: Producción
Mod.imparticion: Teleformación
Tipoloxia: Xeral
Data inicio matricula: 07/02/2019 - 08:00h
Data Fin matricula: 15/02/2019 - 23:55h
Responsable: ANTELO ROMERO, MARÍA LORENA - maria.lorena.antelo.romeroarrobaxunta.gal
3 Edicións
T01
Localidade
TELEFORMACIÓN
Inicio
12/03/2019
Fin
05/04/2019
Data exame
09/04/2019 - 09:00h
Prazas
50
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212