Mediante a Política Agraria Común (PAC) o sector agrario contribúe á xeración de riqueza e emprego, ao cumprimento de compromisos medioambientais, sociais e internacionais.
A financiación da PAC é necesaria para o logro dos obxectivos tanto estratéxicos como os operativos: aumento da competitividade, mellora da sostibilidade e maior eficiencia.
A aplicación dos fondos da PAC en España lévase a cabo conforme á distribución de competencias, entre as administracións públicas. En Galicia é o FOGGA o organismo responsable da xestión e control dos fondos FEAGA e FEADER e realiza pagos superiores aos 300 M€ o ano.
T01 |