VOSTEDE VAI ACCEDER OS SERVIZOS TELEMÁTICOS DA ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA PARA O CAL DEBERÁ ACEPTAR A SEGUINTE POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

1. Vostede acepta que os datos de carácter persoal recabados sexan incluidos:
a.Primeiramente nun ficheiro, denominado USUARIOS, cuxa finalidade é a de xestionar o acceso os servizos telemáticos así como tipificar o perfil do usuario como solicitante, baseándose nas exixencias despostas pola legislación aplicable.
b.Así mesmo, e no caso de preinscribirse nalgún dos cursos ou actividades ofrecidas, os seus datos persoais incorporaranse a un ficheiro, denominado PREINSCRIPCIONES, sendo a súa finalidade a xestión das preinscricións nos cursos de formación, así coma no resto de actividades formativas ofrecidas
c.Por último, e no caso de ser admitido para a realización dalgunha actividade formativa, os seus datos persoais pasarán a formar parte do ficheiro denominado ALUMNOS, cuxa finalidade é a de xestionar os cursos e demáis actividades de formación
2. Tanto o ficheiro USUARIOS, como os ficheiros PREINCRIPCIONES e ALUMNOS, encóntranse inscritos debidamente no Rexistro Xeral de Protección de Datos, sendo responsable dos mesmos a Escola Galega de Administración Pública
3. Os destinantarios dos datos persoais é o persoal o servizo da Escola Galega de Administración Pública, e poderán ser comunicados a Administracións Públicas ou Organismos Públicos que subvencionen ou promovan a actividade formativa, co fin de acreditar o índice de participación na mesma. Da mesma forma, os seus datos identificativos poderán ser expostos no sitio web da Escola Galega de Administración Pública e/ou en Boletíns Oficiais no cumprimento de deberes de información Pública obrigados por lexislación aplicable
4. Vostede comprométese a manter actualizados estes datos e, en calquera caso, poderá exercer gratuitamente os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición (sempre dacordo cos supostos contemplados pola lexislación vixente) dirixíndose ao responsable dos ficheiros, esto é, á Escola Galega de Administración Pública no Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4 15707 Santiago de Compostela, A Coruña - España, indicando na comunicación "Atención de dereitos LOPD" e xuntando fotocopia do DNI; ou ben con carácter previo a tal actuación, solicitar cos mesmos datos que lle sexan remitidos os impresos que o responsable do ficheiro dispón a tal efecto
5. A non aceptación da presente política de protección de datos conleva a imposibilidade de acceder aos servizos telemáticos da EGAP
6. Todo o anterior infórmaselle en cumprimento do artigo 5 da Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre de Protección de Datos de Carácter Persoal

SE TEN DÚBIDAS, CONTÁCTENOS NO EMAIL A: egaparroba naranjaxunta.gal