Revista Administración & Cidadanía, EGAP

Vol. 17_núm. 2 _ 2022 | pp. 85-112

Santiago de Compostela, 2022

https://doi.org/10.36402/ac.v17i2.5016

© Javier Seijo Villamizar

ISSN-L: 1887-0279 | ISSN: 1887-0287

Recibido: 01/12/2022 | Aceptado: 02/02/2023

Editado baixo licenza Creative Commons Atribution 4.0 International License

A tendencia e atributos do concepto epistémico “Galicia” despois do Estatuto de autonomía: o caso Scopus

La tendencia y atributos del concepto epistémico “Galicia” tras el Estatuto de autonomía: el caso Scopus

The Trend and attributes of the epistemic concept “Galicia” after the Statute of Autonomy: the case of Scopus

Javier Seijo Villamizar

Profesor de Socioloxía da Educación

Universidade de Santiago de Compostela

Investigador EqualSeaLab

https://orcid.org/0000-0002-4207-7116

seijo.javier@gmail.com

Resumo: Galicia destaca por ser un referente fundamental para a nova produción científica máis avanzada. Este logro, tras un longo período de ostracismo político e cultural, supuxo un proceso político e social de actuación por un ben social común: o recoñecemento da cultura galega, a xeración de institucións propias e un marco político-administrativo de gobernanza multinivel. Actualmente, o termo Galicia está interrelacionado cun coñecemento científico interdisciplinario incremental e de primeiro nivel. Scopus, no proceso autonómico galego, foi un aliado para a proxección internacional do coñecemento científico da comunidade galega. De acordo con este marco, o estudo presenta unha análise e divulgación de parte da principal produción científica que se refire a Galicia con títulos expresos.

Palabras clave: Galicia, Estatuto de autonomía, gobernanza multinivel, investigación, democracia.

Resumen: Galicia destaca por ser un referente clave para la nueva producción científica más avanzada. Este logro, tras un dilatado período de ostracismo político y cultural, conllevó un proceso político y social de acción por un bien común social: el reconocimiento de la cultura gallega, la generación de instituciones propias y un marco político-administrativo de gobernanza multinivel. Actualmente, el término de Galicia se interrelaciona con un conocimiento científico interdisciplinar incremental y de primer nivel. Scopus, en el proceso autonómico gallego, ha sido un aliado para la proyección internacional del conocimiento científico de la comunidad gallega. Conforme a este marco, el estudio presenta un análisis y divulgación de parte de la principal producción científica que referencia a Galicia con títulos expresos.

Palabras clave: Galicia, Estatuto de autonomía, gobernanza multinivel, investigación, democracia.

Abstract: Galicia stands out as a key reference point for the most advanced new scientific production. This achievement, after a long period of political and cultural ostracism, led to a political and social process of action for a common social good: the recognition of Galician culture, the generation of its own institutions and a political-administrative framework of multilevel governance. Currently, the term Galicia is interrelated with an incremental and first level interdisciplinary scientific knowledge. Scopus, in the Galician autonomous process, has been an ally for the international projection of the scientific knowledge of the Galician community. Within this framework, the study presents an analysis and dissemination of part of the main scientific production that refers to Galicia with express titles.

Key words: Galicia, statute of autonomy, multilevel governance, research, democracy.

Sumario: 1 Introdución. 2 Pregunta principal e proposta metodolóxica: Galicia como termo de relevancia/opacidade nos títulos de investigación académica internacional. 3 Discusión: pluralidade de fontes e elección da corrente principal ao termo “Galicia”. 4 Resultados: a evidencia dunha tendencia incremental: “Galicia”. 5 Conclusións e leccións aprendidas. 6 Bibliografía

1 INTRODUCIÓN

O Estatuto de autonomía de Galicia (EAG) recoñece por primeira vez, a partir do ano 1981, a capacidade do territorio de Galicia de ser un proxector de cultura de investigación propia e un produtor con institucións de dereito público e privado para esta finalidade. O recoñecemento, na evolución do Estado español, e a súa articulación, faise explícito co recoñecemento do feito diferencial do artigo 4.2 do EAG. Consecuentemente, este instrumento xurídico, político, social e socioeconómico, na súa proxección entre Goberno, Administración e cidadanía, pasa a ser un piar constitutivo dun resultado de democratización1 do Estado español tras a Constitución de 19782.

Neste marco, a nivel territorial, Galicia prevé diversas figuras de protección da produción cultural propia. Primeiro: o artigo 32 do EAG sostén que Galicia ten competencia propia para a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. Segundo: o marco competencial resulta amparado por medio do artigo 27, con 32 preceptos de desenvolvemento, e a capacidade de Galicia para xerar un marco diferencial propio e singular. Ademais, en auxilio complementario, o artigo 27.19 do EAG considera unha innovación xurídica: “o fomento da cultura e da investigación en Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 149.2 da CE”. Con estas bases márcase o teito competencial para a autonomía no desenvolvemento cultural propio. Terceiro, a concreción do artigo 32 vincula o fomento da cultura mediante institucións de desenvolvemento: o Consello da Cultura Galega, o fondo cultural galego (art. 32 EAG), a xeración de convenios e acordos de cooperación cos estados, entre estados e goberno rexional de Galicia (artigo 35 EAG). Por último, o soporte da divulgación cultural proxéctase desde as comunidades galegas fóra de Galicia, como un resultado da diáspora e/ou emigración que caracterizará historicamente a difusión da idiosincrasia e cosmopolitismo do pobo galego (art. 7 EAG).

Con estas bases, o proceso estatutario e o postestatutario, proceso autonómico, rompe a marxinación da nacionalidade e da cultura3 galega con tres elementos: o recoñecemento dunha nacionalidade histórica, posuír un Estatuto de autogoberno e o desenvolvemento institucional mediante un goberno rexional cun innovador enfoque democrático: “[…] á descentralización política do Estado, é dicir, organización vertical plural dos órganos do mesmo, á posibilidade garantida de que as Comunidades recoñecidas no seu interior poidan tomar decisións políticas en ámbitos regulados como de propia competencia e non soamente dispor da mera capacidade de execución de decisión estatais, tal e como acontece na desconcentración administrativa4.

Neste escenario, a literatura principal –mainstream– mostra como elemento vehicular que as institucións galegas académicas principais, entre outras a Universidade de Santiago de Compostela, a da Coruña, a de Vigo e centros especializados, van xerar a partir da década de 1980 unha contribución propia e diferencial para o desenvolvemento das metodoloxías aplicadas e de tipo mixto5. É así como as principais institucións e patrocinadores que inician e recollen propostas de títulos de visualización, no terreo de Scopus, obteñen unha media de 34,2 anos e 19,5 anos de experiencia acumulada. Sobre todo a partir do seu nacemento como institucións democráticas (1978-1981) e tras o desenvolvemento institucional e cultural do territorio galego, mediante un modelo de democracia representativa e un sistema político parlamentarista baseado nun sistema de pesos e contrapesos sobre o poder6.

2 PREGUNTA PRINCIPAL E PROPOSTA METODOLÓXICA: GALICIA COMO TERMO DE RELEVANCIA/OPACIDADE NOS TÍTULOS DE INVESTIGACIÓN ACADÉMICA INTERNACIONAL

Para lograr este labor, a pregunta principal que dota de sentido a investigación foi a seguinte: Como evoluciona a literatura de visualización expresa asociada ao termo de Galicia tras o Estatuto de autonomía de Galicia? A resposta que consideramos, seguindo a Seijo7, consistiu en deseñar un enfoque bibliométrico e baseado en fontes da literatura principal. Isto implicaría o estudo e a sistematización nunha base de datos dos artigos con máis citación, así como a elección dunha análise exploratoria fundamentada nunha base de datos bibliométrica relevante, neste caso Scopus, pertencente ao grupo Elsevier Editorial. A partir destes elementos, o estudo mostra, como unha serie de documentos con títulos expresos, cal é o marco de sentido8 e narrativa científica que asocia a Galicia entre literatura principal e comunidades de práctica9 con incidencia global.

Outro elemento clave é o algoritmo de busca, coa seguinte nomenclatura: TITLE(“Galicia”) AND PUBYEAR < 2022 AND PUBYEAR < 2022. Desde este enunciado, o estudo da influencia de Galicia na literatura principal tómase desde un nivel semántico de relevancia (criterio de estudo): a visualización de títulos expresos. Ademais, a análise céntrase na evolución da literatura conforme esta contribución disciplinaria e científica clasificada nunha orde, entre un e dez, e onde o termo Galicia se caracteriza con variables bibliométricas e se indaga sobre cal é o grao de coocorrencia de atributos que caracterizan unha mostra de documentos asociados a unha palabra clave10. Doutra parte, o enfoque metodolóxico, segundo Seijo-Villamizar11, contribúe a sistematizar e estudar como se caracteriza e constrúe o consenso epistémico principal (produción máis citada ou top ten), a literatura converxente (con máis seguimento), en desuso (con recoñecemento, pero sen seguimento) e/ou con carácter incremental (evolución da produción).

Consecuentemente, este enfoque vertébrase con tres fases de estudo para o seguimento dunha mostra de documentos da literatura principal. Unha primeira fase ou etapa, de iniciación e deseño, que permite unha recompilación de datos co fin de analizar a produción desde un caso: a difusión do grupo Elsevier Editorial sobre o termo Galicia e cales son as publicacións que compoñen e caracterizan o criterio de títulos expresos ao termo de Galicia. Segundo, a etapa de datos clasificados, depurados e obtidos, que se clasifican, ordenan e estudan para lograr descifrar o alcance dunha temática clave e como é o seu grao de seguimento (consenso epistémico) mundial entre 1980 e 2021. Terceiro, a depuración, como elección da base de datos, permite describir cinco variables principais e que atributos xeran tendencias e modas da produción de estudo. En específico: a produción anual, as institucións principais de desenvolvemento, a tipoloxía de revistas e relevancia de impacto, os principais académicos e académicas que concilian máis consenso epistémico e a clasificación das áreas disciplinarias con alta visualización.

3 DISCUSIÓN: PLURALIDADE DE FONTES E ELECCIÓN DA CORRENTE PRINCIPAL AO TERMO “GALICIA”

A metodoloxía proposta de indagación fundaméntase sobre a idea de estudo de caso12, unha proposta procesual de reconstrución histórica para as ciencias sociais13 e a elección de casos críticos de estudo14. Con estes enfoques tratouse de encher un baleiro de investigación: como evoluciona a visualización da produción de Galicia con títulos expresos, posto que esta divulgación contribúe á visualización histórica e lonxitudinal sobre parte da produción de Galicia e cales son os autores, institucións, disciplinas, atributos, temáticas emerxentes, e/ou consolidadas, que logran seguimento de tipo lonxitudinal e/ou conxuntural.

A nivel estrutural, o estudo asume que os cambios da literatura principal alcanzan difusión por factores procesuais e estruturais –dentro e fóra de Galicia– sobre a literatura referida ao termo “Galicia”. Isto leva consigo un elemento concomitante-transversal: o nivel político-administrativo e que grao de evolución procesual se sucede sobre un evento comunitario15. Esta perspectiva, a procesual, permite dispor dun enfoque para a ampliación, modificación e/ou supresión de como progresan os procesos de burocratización e estruturación dos gobernos16. O exemplo arquetípico deste feito administrativo aparece mediante os decretos de estrutura gobernamental, actualmente dispoñibles, entre outras fontes, mediante a proposta de Lex.gal17 e o Diario Oficial de Galicia18.

Ademais, outro elemento clave na relación de que títulos se producen dentro e fóra de Galicia maniféstase coa aparición de estruturas externas de visualización, a nivel público e privado, e co desenvolvemento da produción editorial. Unha evidencia ofrécea o buscador do Ministerio de Cultura de España, cun número total, entre 1980 e 2022, de 7.160 libros editados, dispoñibles e non dispoñibles, con propostas baixo esta denominación. Outra produción emerxe co buscador editorial “todostuslibros”, co que se referencia Galicia cun total de 22.172 libros para a compra inmediata nunha libraría situada no territorio de España19. Outra fonte é o Catálogo Iacobus, que cifra esta produción con 2.610 documentos accesibles cara ao público lector20. Rebium, a Rede de Bibliotecas das Universidades Españolas, cataloga tamén unha cifra incremental sobre títulos expresos a Galicia. En concreto, contabiliza a cifra de 203.811 documentos21.

Outros recursos de fontes conexas ao termo Galicia relaciónanse en Scopus, co termo “Galiza” e cun alcance total de 39 documentos con títulos expresos. Entre eles que destacan cinco autores principais: Calvo et al., Carrasco et al.; Puente, Villares, Carral e Carballeira; Santás-Miguel; Villares, Carral, Lorenzana e Mosquera22. Outra fonte documental é a palabra clave: “Galician Community”, cun total de 5 documentos clasificados con títulos expresos na base de datos Scopus23.

A nivel micro, a análise proposta expón o esforzo e compromiso das principais institucións, autores e patrocinadores tras o proceso democrático de 1978. Un exemplo é a táboa 1, onde se indica que institucións académicas principais e número de documentos, con títulos expresos a Galicia, adquiren máis seguimento dentro da produción académica mundial.

Táboa 1. Clasificación das institucións principais con títulos expresos a Galicia

Clasificación

Institución principal

N.º de

documentos

Peso %

documentos

1

Universidade de Santiago de Compostela

985

30,32

2

Universidade de Vigo

378

11,63

3

Universidade da Coruña

260

8,00

4

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

97

2,99

5

Consello Superior de Investigacións Científicas

88

2,71

6

Instituto Español de Oceanografía

82

2,52

7

Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo

54

1,66

8

Universidade Complutense de Madrid

46

1,42

9

Centro de Investigacións Mariñas

45

1,39

10

CSIC - Instituto de Investigacións Mariñas IIM

39

1,20

Fonte: Elaboración propia a partir de Scopus ata 2021 (10/08/2022).

4 RESULTADOS: A EVIDENCIA DUNHA TENDENCIA INCREMENTAL “GALICIA”

Scopus indexa co criterio título un total de 2.867 documentos co termo de Galicia entre os anos 1880 e 2021. Así mesmo, o período de toma de datos, como revisión da mostra da produción de estudo, realízase ata o día 10 de agosto de 2022.

Sobre este marco temporal, a base de datos consultada demostra que a evolución de todos os documentos segue un vector ascendente, tendencia clara para toda a produción académica referenciada entre 1980 e 2021. Conforme a hipótese de Abrahamsom24 e outras alternativas baseadas na cooptación de recursos académicos25, a gráfica 1 expón que a tendencia de visualización non xera unha moda de xestión, en desuso, para a investigación asociada a Galicia, posto que o termo se relaciona cunha produción fértil e crecente desde 1980. Ademais, o último intervalo anual, de entre 150 e 200 documentos, sitúa a produción nun continxente de n ≥ 150 documentos entre o ano 2020 a 2022.

Gráfica 1. Evolución anual da produción de títulos expresos a Galicia (1884 a 2021)

Fonte: Elaboración propia a partir de Scopus ata 2021 (10/08/2022).

Con este vector incremental demóstrase que o ano 1980 é un momento de ruptura e mellora na produción indexada co termo de Galicia. Isto débese a factores macropolíticos, como o referendo democrático de Galicia, a fin da ditadura franquista e o proceso de renovación democrática que ampara a Constitución española de 197826. Por este motivo, o vector que se describe nesta gráfica mostra unha asociación emerxente e positiva cunha produción crecente entre 1981 e 2021, a cal representa o 63,84 % da produción total sobre a anterior etapa preconstitucional en España. A partir destas etapas, a produción constitucionalista e preconstitucionalista, móstrase como sucede o ciclo de evolución –iniciación, crecemento e expansión– do traballo de institucións vinculadas ao proceso autonómico de Galicia, en concreto universidades e centros de investigación, como así o confirma o comportamento da produción estudada na táboa 2.

Táboa 2. Clasificación de institucións e patrocinadores con títulos expresos a Galicia segundo experiencia acumulada

Orde

Institucións

N=160

n=10

Período temporal

Anos de experiencia acumulada segundo documentos publicados

Patrocinadores principais

N=160

n=10

Período temporal

Anos de experiencia acumulada segundo documentos publicados

Total

documentos de

institucións-

N=3.249/-Patrocinadores

N=972

1.º

Universidade de Santiago de Compostela

(1972 a 2021)

49

Xunta de Galicia

(1988-2021)

33

985 / 168

2.º

Universidade de Vigo

(1985 a 2021)

36

European Regional Development Fund

(2003-2021)

18

378 / 80

3.º

Universidade da Coruña

(1989 a 2021)

32

European Commission

(1996-2021)

25

260 / 79

4.º

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

(1989 a 2021)

32

Ministerio de Economía e Competitividade

(2008 a 2021)

13

97 / 52

5.º

Consello Superior de Investigacións Científicas

(1989 a 2021)

32

Comisión Interministerial de Ciencia e Tecnoloxía

(1995 a 2021)

26

88 / 32

6.º

Instituto Español de Oceanografía

(1983 a 2021)

38

Ministerio de Ciencia e Innovación

(2010 a 2021)

11

82 / 32

7.º

Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo

(1989 a 2021)

32

Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

(2000 a 2020)

20

54 / 30

8.º

Universidade Complutense de Madrid

(1984 a 2021)

37

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia

(1997 a 2021)

24

46 / 23

9.º

Centro de Investigacións Mariñas

(1994 a 2021)

27

Fundação para a Ciência e a Tecnologia

(2012 a 2021)

9

45 / 21

10.º

CSIC - Instituto de Investigacións Mariñas IIM

(1991 a 2018)

27

Federación Española de Enfermidades Raras

(2007 a 2021)

/ Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria

(1997 a 2021) /

Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía

(2003 a 2020)

14

39 / 14

Total / Media

10

34.2

10

19.5

207,4 / 47,7

Fonte: Elaboración propia a partir de Scopus ata 2021 (10/08/2022).

A táboa 2 clasifica as dez principais institucións asociadas á visualización expresa de Galicia, segundo a literatura principal revisada por pares e con formato: título de artigo. Nunha orde de menor a maior número de documentos, as principais institucións que divulgaron expresamente o termo Galicia nas tres últimas décadas foron: (1.º) Universidade de Santiago de Compostela, (2.º) Universidade de Vigo, (3.º) Universidade da Coruña, (4.º) Complexo Hospitalario da Universidade de Santiago de Compostela, (5.º) Consello Superior de Investigacións Científicas, (6.º) Instituto Español de Oceanografía, (7.º) Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo, (8.º) Universidade Complutense de Madrid, (9.º) Centro de Investigacións Mariñas e (10.º) Instituto de Investigacións Mariñas, CSIC, Galicia.

Doutra parte, constátase que os patrocinadores principais apoian un total de N=972 documentos sobre un total de 2.867. Esta relación representa o 33,6 % de documentos e é significativa conforme a relevancia político-administrativa das institucións que outorgan un mecenado activo. Por grao de importancia, as principais son as seguintes: (1.º) Xunta de Galicia, (2.º) European Regional Development Fund, (3.º) European Commission, (4.º) Ministerio de Economía e Competitividade, (5.º) Comisión Interministerial de Ciencia e Tecnoloxía, (6.º) Ministerio de Ciencia e Innovación, (7.º) Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, (8.º) Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia, (9.º) Fundação para a Ciência e a Tecnologia, (10.º) Federación Española de Enfermidades Raras, Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria, Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía.

En segundo lugar, a produción de documentos, de menor a maior relevancia, vén dar sentido a unha produción baseada, como se desprende da táboa 2, dunha manufactura académica que se visualiza desde propostas en formato de artigos científicos (83,08 %) e cun tipo de formato, o acceso aberto, que alcanza o 26,13 % de documentos. Outra tipoloxía de documentos asociados a esta produción –mostra da produción de títulos asociados ao concepto Galicia– é a seguinte: Review (5,96 %), Conference paper (4,22 %), Book chapter (4,22 %) e Letter (1,15 %). En menor media, os documentos catalogados como Note (0,73 %), Erratum (0,45 %), Book (0,35 %), Editorial (0,31 %), Short Survey (0,17 %) e Data Paper (0,03 %).

Táboa 3. Tipoloxía de documentos, acceso, número de linguas e países co termo “Galicia”

Orde

Tipo de

documento N=11

N.º de

documentos

Peso

%

Tipos de acceso

Total

Peso

%

1

Article

2.382

83,08

All Open Access

757

26,13

2

Review

171

5,96

Gold

400

13,81

3

Conference Paper

121

4,22

Hybrid Gold

47

1,62

4

Book Chapter

101

3,52

Bronze

184

6,35

5

Letter

33

1,15

Green

532

18,36

6

Note

21

0,73

% total por tipo de revistas

1.920

66,28

7

Erratum

13

0,45

% total sen clasificación de acceso

977

33,72

8

Book

10

0,35

Total

2.897

100,00

9

Editorial

9

0,31

N.º de linguas

15

10

Short Survey

5

0,17

N.º de países

50

11

Data Paper

1

0,03

Fonte: Elaboración propia a partir de Scopus ata 2021.

En terceiro lugar, os principais académicos/as identifícanse na táboa 4. Con esta clasificación asóciase a universidade e/ou institución de relevancia. A temática principal por maior seguimento e o número total de citas alcanzadas desde toda a produción dos autores principais (N=159).

Táboa 4. Top ten de autores segundo documentos con títulos expresos a “Galicia” en N=159 autores principais

Orde

N=159

Autores

top ten

Universidade

/ Institución máis recente de adscrición

Exemplo de contribucións expresas con títulos expresos a Galicia (áreas, temáticas e/ou obxecto de estudo)

N.º de documentos indexados a Galicia (e total)

Evolución

acumulada parcial e total en documentos *

H-index /

N.º de citas totais

1

Villalba, A.

Centro de Investigacións Mariñas, Vilanova de Arousa. Universidade de Alcalá, Spain

Perkinsus; Oyster; Marteilia

30 (120)

1991 a 2020

2017 a 2021

34 / 3.529

2

Freire, J.

Teamlabs, Madrid,

Tecnológico de Monterrey, México

Marine Protected Areas; Marine Parks; Environmental Protection

26 (105)

1991 a 2015

1994 a 2021

32 / 2.950

3

Boillot, G.

Observatoire Océanologique de Villefranche-sur-Mer, France

Earth and Planetary Sciences; Environmental Science; Engineering

25 (57)

1980 a 1998

1993 a 2021

24 / 2.476

4

Pérez-Alberti, A.

Universidade de Santiago de Compostela, Spain

Cirque; Glacier Advance; Mountains

22 (60)

2007 a 2021

2000 a 2021

17 / 967

5

Ruano-Ravina, A.

Universidade de Santiago de Compostela, Spain

Indoor Air Pollution; CR 39; Soil Gas

20 (271)

2003 a 2021

2002 a 2021

31 / 4.566

6

Gil-Sotres, F.

Universidade de Santiago de Compostela, Spain

Agricultural and Biological Sciences; Environmental Science; Biochemistry, Genetics and Molecular Biology

19 (70)

1987 a 2012

1993 a 2021

30 / 3.403

7

Barros-Dios, J.M.

Universidad de Santiago de Compostela, Spain

Indoor Air Pollution; CR 39; Soil Gas

18 (109)

2003 a 2018

1984 a 2021

22 / 3.085

8

Carballal, M.J.

Centro de Investigacións Mariñas, Vilanova de Arousa, Spain

Perkinsus; Oyster; Marteilia

17 (44)

1991 a 2020

1991 a 2021

21 / 1.706

8

Moreira, J.

Universidade Autónoma de Madrid, Spain

New Species; Eunicidae; Nereididae

17 (110)

2003 a 2019

2000 a 2021

18 / 1.095

9

Urgorri, V.

Universidad de Santiago de Compostela, Spain

Solenogastres; Mollusc; Monoplacophora

16 (50)

1991 a 2021

1991 a 2021

10 / 385

10

Carracedo, A.

Universidade de Santiago de Compostela, Spain

Ancestry; Admixtures; Population Genetics

15 (836)

1982 a 2014

1993 a 2021

83 / 32.953

10

Castro-Hermida, J.A.

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, San Tirso de Mabegondo, Spain

Neospora; Toxoplasma Gondii; Tachyzoites

15 (65)

2002 a 2017

2000 a 2021

27 / 1.957

10

Macías, F.

Universidade de Santiago de Compostela, Spain

Biochar; Soil; Black Carbon

15 (172)

1999 a 2016

1993 a 2021

33 / 4.281

Fonte: Elaboración propia a partir de Scopus ata 2021.

* O resultado por documentos indexados a Galicia segue o criterio: Galicia como título da proposta de documento indexada. Documentos indexados como evolución total mostra o número total de propostas referenciadas por autor ata o ano 2021. Os documentos salientados como de experiencia acumulada parcial, e/ou indexados a Galicia, refírense aos documentos visualizados con títulos expresos a Galicia.

Como cuarta característica, as principais disciplinas asociadas a Galicia sinálanse na táboa 5. A nivel agregado, o número total ata 2021 é de 29 áreas e 10 campos científicos principais. Estes representan o 47,01 % da produción mundial. A nivel micro, a produción máis continuada, a nivel internacional, concéntrase en dous campos: o primeiro, Agricultura e Ciencias Biolóxicas, cun 15,89 %; o segundo, o campo das Ciencias Sociais (15,33 %, 691 documentos). O resto da clasificación, sobre 28 campos científicos, obtén o 47,01 % do total. Así mesmo, o resto da ordenación da produción top ten correspóndese coas seguintes áreas de coñecemento: (3.º) Earth and Planetary Sciences, (4.º) Environmental Science, (5.º) Arts and Humanities, (6.º) Medicine, (7.º) Economics, Econometrics and Finance, (8.º) Engineering, (9.º) Immunology and Microbiology e (10.º) Biochemistry, Genetics and Molecular Biology.

Táboa 5. Top ten de disciplinas principais con títulos expresos a “Galicia” nas súas propostas

Orde

Área temática N=29

N.º de documentos

Peso %

1

Agricultural and Biological Sciences

716

15,89

2

Social Sciences

691

15,33

3

Earth and Planetary Sciences

577

12,80

4

Environmental Science

560

12,43

5

Arts and Humanities

532

11,80

6

Medicine

411

9,12

7

Economics, Econometrics and Finance

192

4,26

8

Engineering

138

3,06

9

Immunology and Microbiology

97

2,15

10

Biochemistry, Genetics and Molecular Biology

85

1,89

Total

10

3.999

47,01

Fonte: Elaboración propia a partir de Scopus ata 2021.

En quinto lugar, a táboa 6 clasifica que países visualizan expresamente Galicia nos títulos de propostas de documentos científicos. O total alcanzado é de 50 unidades xeográficas. España, nesta clasificación, acada o primeiro posto, cun peso total do 64,34 %. O segundo posto obteno Estados Unidos (4,38 %). Os demais postos, entre o terceiro e o décimo, continúan esta distribución: Portugal (3,22 %), Reino Unido (3,19 %), Francia (2,71 %), Polonia (1,37 %), Alemaña (1,31 %), Canadá (1,28 %), Países Baixos (0,97 %), Italia (0,70 %) e Ucraína (0,70 %).

Táboa 6. Top ten de países con títulos expresos a “Galicia”

N.º

Países N=50

N.º de documentos

Peso % de documentos

1

Spain

2.116

64,34

2

United States

144

4,38

3

Portugal

106

3,22

4

United Kingdom

105

3,19

5

France

89

2,71

6

Poland

45

1,37

7

Germany

43

1,31

8

Canada

42

1,28

9

Netherlands

32

0,97

10

Italy

23

0,70

10

Ukraine

23

0,70

Fonte: Elaboración propia a partir de Scopus ata 2021.

En sexto lugar, as revistas e artigos principais explícanse coa táboa 7. Nesta descríbese o consenso epistémico –número de citas–, o tipo de documento e impacto das revistas principais. A nivel global, a maioría dos artigos correspóndense co cuartil 1 (Q1) e un índice h>100. Pola súa vez, a maioría das propostas son publicadas en Países Baixos (n=4) e Reino Unido (n=3). Con menor frecuencia sucédense as propostas de Alemaña (n=2) e Estados Unidos (n=1). Deste xeito, as principais revistas son Chemosphere e Hydrobiologia.

Táboa 7. Top ten de revistas e autores con títulos expresos a “Galicia”

Orde

Autor/es N=159

Título documento

Tipo de documento

Consenso epistémico (nº de citas)

Revista

Q

H index 2022

País

1

Rodil, R., Quintana, J.B., Concha-Graña, E. (...), Muniategui-Lorenzo, S., Prada-Rodríguez, D. (2012)

Emerging pollutants in sewage, surface and drinking water in Galicia (NW Spain)

artigo

295

Chemosphere

Q1

265

United Kingdom

2

Figueiras, F.G., Labarta, U., Fernández Reiriz, M.J. (2002)

Coastal upwelling, primary production and mussel growth in the Rías Baixas of Galicia

artigo

256

Hydrobiologia

Q1

149

Netherlands

3

Filgueiras, A.V., Lavilla, I., Bendicho, C. (2004)

Evaluation of distribution, mobility and binding behaviour of heavy metals in surficial sediments of Louro River (Galicia, Spain) using chemometric analysis: A case study

artigo

231

Science of the Total Environment

Q1

275

Netherlands

4

Manatschal, G., Bernoulli, D. (1999)

Architecture and tectonic evolution of nonvolcanic margins: Present-day Galicia and ancient Adria

artigo

200

Tectonics

Q1

143

United States

5

Boillot, G., Grimaud, S., Mauffret, A. (...), Mergoil-Daniel, J., Torrent, G. (1980)

Ocean-continent boundary off the Iberian margin: A serpentinite diapir west of the Galicia Bank

artigo

200

Earth and Planetary Science Letters

Q1

262

Netherlands

6

Iglesias, G., López, M., Carballo, R. (...), Fraguela, J.A., Frigaard, P. (2009)

Wave energy potential in Galicia (NW Spain)

artigo

195

Renewable Energy

Q1

210

United Kingdom

7

Crecente, R., Álvarez, C., Fra, U. (2002)

Economic, social and environmental impact of land consolidation in Galicia

artigo

194

Land Use Policy

Q1

125

United Kingdom

8

Boillot, G., Recq, M., Winterer, E.L. (...), Thurow, J., Williamson, M. (1987)

Tectonic denudation of the upper mantle along passive margins: a model based on drilling results (ODP leg 103, western Galicia margin, Spain)

artigo

181

Tectonophysics

Q1

180

Netherlands

9

Duineveld, G.C.A., Lavaleye, M.S.S., Berghuis, E.M. (2004)

Particle flux and food supply to a seamount cold-water coral community (Galicia Bank, NW Spain)

artigo

177

Marine Ecology Progress Series

Q1

198

Germany

10

Iglesias, R., Paramá, A., Álvarez, M.F. (...), Fernández, J., Sanmartín, M.L. (2001)

Philasterides dicentrarchi (Ciliophora, Scuticociliatida) as the causative agent of scuticociliatosis in farmed turbot Scophthalmus maximus in Galicia (NW Spain)

artigo

169

Diseases of Aquatic Organisms

Q2-Q3

102

Germany

Fonte: Elaboración propia a partir de Scopus ata 2021.

Táboa 8. Top ten de artigos e autores con títulos expresos a “Galicia” en Ciencias Sociais

Orde

Autor/es (N=159)

Título documento

Tipo de documento

Consenso epistémico (n.º de citas)

Revista

Q

H index 2022

País

1

Crecente, R., Álvarez, C. e Fra, U. (2002)

Economic, social and environmental impact of land consolidation in Galicia

artigo

194

Land Use Policy

Q1

125

United Kingdom

2

Freire, J. e García-Allut, A. (2000)

Socioeconomic and biological causes of management failures in European artisanal fisheries: The case of Galicia (NW Spain)

artigo

127

Marine Policy

Q1

104

United Kingdom

3

O’Rourke, B. e Ramallo, F. (2013)

Competing ideologies of linguistic authority amongst new speakers in contemporary Galicia

artigo

99

Language in Society

Q1

67

United Kingdom

4

Martínez-Herrera, E. (2002)

From nation-building to building identification with political communities: Consequences of political decentralisation in Spain, the Basque Country, Catalonia and Galicia, 1978-2001

artigo

98

European Journal of Political Research

Q1

100

United Kingdom

5

Keating, M. (2001)

Rethinking the region: Culture, institutions and economic development in Catalonia and Galicia

artigo

95

European Urban and Regional Studies

Q1

66

United Kingdom

6

Vega, J.A., Fernández, C. e Fonturbel, T. (2005)

Throughfall, runoff and soil erosion after prescribed burning in gorse shrubland in Galicia (NW Spain)

artigo

86

Land Degradation and Development

Q1

89

United Kingdom

7

Corbelle-Rico, E., Crecente-Maseda, R. e Santé-Riveira, I. (2012)

Multi-scale assessment and spatial modelling of agricultural land abandonment in a European peripheral region: Galicia (Spain), 1956-2004

artigo

84

Land Use Policy

Q1

125

United Kingdom

8

Trenhaile, A.S., Pérez Alberti, A., Martínez Cortizas, A., Costa Casais, M. e Blanco Chao, R. (1999)

Rock coast inheritance: An example from Galicia, northwestern Spain

artigo

80

Earth Surface Processes and Landforms

Q1

134

United Kingdom

9

Chao, R.B., Casais, M.C., Cortizas, A.M., Alberti, A.P. e Trenhaile, A.S. (2003)

Evolution and inheritance of a rock coast: Western Galicia, Northwestern Spain

artigo

77

Earth Surface Processes and Landforms

Q1

134

United Kingdom

10

Miranda, D., Crecente, R. e Álvarez, M.F. (2006)

Land consolidation in inland rural Galicia, N.W. Spain, since 1950: An example of the formulation and use of questions, criteria and indicators for evaluation of rural development policies

artigo

70

Land Use Policy

Q1

125

United Kingdom

11

Garín-Muñoz, T. (2009)

Tourism in Galicia: Domestic and foreign demand

artigo

69

Tourism Economics

Q1

64

United States

Fonte: Elaboración propia a partir de Scopus ata 2021.

En sétimo lugar, a táboa 8 estuda a evolución dos principais académicos e que artigos obteñen máis incidencia sobre a área de ciencias sociais. O resultado é unha mostra de como é a relevancia e a excelencia, igual que a táboa anterior, sobre a produción referenciada a Galicia. Ademais, todos os artigos se asocian co cuartil 1 (Q1) e un índice h>100 para os seis artigos principais e con maior consenso epistémico. Pola súa vez, as dúas revistas principais son Land Use Policy e Marine Policy. Complementariamente, a figura 1 mostra a rede de 30 temáticas máis relacionadas a nivel de todos os documentos con título expreso a “Galicia”; en concreto, a xestión dos océanos, os servizos e o estado dos ecosistemas, a bioloxía animal e o estudo da ciencia médica aplicada.

Figura 1. Rede de 30 temáticas máis concorrentes entre principais autores e títulos expresos a “Galicia”

A figura 2 visualiza o imaxinario social académico de temáticas vinculadas ás ciencias sociais. En concreto, as relacionadas co medio rural, o desenvolvemento sostible, a relación co turismo, a economía, a migración, a identidade, a educación e a ciencia do solo. En conexión, outro cluster relevante vincula os documentos á situación espacial de indagación; en específico: o mundo, Eurasia, Unión Europea, España, sur de Europa.

Figura 2. Rede de 27 temáticas máis concorrentes entre autores principais e títulos expresos a “Galicia” para as ciencias sociais

Por último, a figura 3 correlaciona as 35 temáticas que tiveron maior financiamento pola Xunta de Galicia e logran difusión expresa co termo “Galicia”. A rede confórmana un total de catro clusteres e 35 nodos que interactúan coas seguintes variables de interrelación: a bioloxía de animais, o estado dos recursos, a incidencia de metais pesados, o estado das augas, a xestión pesqueira, as pesqueiras, a sostibilidade e o criterio de xénero para as mostras de estudos científicos.

Figura 3. Rede de 35 temáticas con maior coocorrencia financiadas pola Xunta de Galicia

5 CONCLUSIÓNS E LECCIÓNS APRENDIDAS

A visualización expresa de “Galicia” como termo asociado á investigación científica resulta solidamente difundida, protexida e promovida desde a consolidación da autonomía de Galicia. De feito, as principais dez institucións como patrocinadores exercen un compromiso desde o terreo, con vinculación expresa ao marco institucional e co soporte dos executivos do poder público galego tras a instauración da autonomía de Galicia.

Outro dato relevante na mostra da produción cara ao noroeste de España é a relación positiva e significativa para a asociación de “Galicia” e investigación aplicada, un elemento claramente evidenciado a partir da diversidade das principais revistas de impacto e o cuartil maioritario –Q1– que desenvolve a produción científica de visualización neste estudo.

Doutra parte, outro dato confirmatorio é a evolución incremental da rede principal de investigación: institucións e patrocinadores. Galicia, neste criterio, logra o alcance dun total de 160 institucións, 159 patrocinadores, 159 autores, unha media de 3,8 autores e dez principais institucións e patrocinadores, co que se acumula unha experiencia total de 34,2 anos e 19,5 anos respectivamente na práctica de difusión da investigación e mediante a visualización expresa do territorio obxecto e suxeito de estudo. A este tipo de coñecemento baseado nun enfoque procesual e histórico, soportado pola coincidencia entre suxeito e obxecto de estudo, etiquétaselle como coñecemento dialéctico27, posto que conxuga a visión empirista e idealista na construción, deseño e implementación de protocolos de indagación, sendo a idea de “reconstrución” a base para xerar teoría e triangulación metodolóxica28.

Outro elemento forza para este criterio: a visualización semántica de investigación teórica e aplicada é a distribución de documentos sobre o campo das ciencias sociais. No seu devir, Scopus evidencia un alto consenso epistémico para os investigadores/as top ten e sobre a mostra de produción estudada, como así exemplifica a táboa 6. Ademais, a táboa 7 mostra como parte desta produción internacional atrae sobre as ciencias sociais, cunha soa referencia, investigadores e propostas de visualización top ten, entre outras, a proposta de Antonio Vilalba (Vilalba et al., 1997; 113 citas), Juan Freire (Freire e García-Allut, 2000; 127 citas), Gilbert Boillot (Boillot et al., 1980; 200 citas), Augusto Pérez Alberti (Blanco et al., 2007; 86 citas), Alberto Ruano Ravina (Barros-Dios et al., 2007; 80 citas), Fernando Gil-Sotres (Trasar-Cepeda et al., 2007; 136 citas), Juan Miguel Barros-Dios (Barros-Dios et al., 2007; 80 citas), María Jesús Carballal (Villalba et al., 1997; 113 citas), Juan Moreira (Lourido et al., 2008; 45 citas), Vitoriano Urgorri (Somoza et al., 2014; 45 citas), Ángel Carracedo (Pestoni et al., 1995, 50 citas), José Antonio Castro-Hermida (Castro-Hermida, González-Losada e Ares-Mazás, 2002, 104 citas) e Felipe Macías (Otero, Vidal-Torrado, Calvo de Anta e Macías, 2005, 48 citas).

En síntese, a mostra de investigadores e documentos neste estudo evidencian un alto consenso epistémico entre a consolidación da autonomía de Galicia e o desenvolvemento cultural que ampara o Estatuto de autonomía de Galicia. Este marco institucional impulsa a atracción de investigación e receptividade de Scopus para a incorporación de Galicia como factor de impacto cara ao mapa científico mundial. Non obstante, esta visión, se se compara ata 2021 con outras potencias –Estados Unidos, Canadá, Reino Unido, China–, a aposta da súa academia resulta superior e máis consolidada. En concreto EE. UU. alcanza un total de 140.138 documentos, Canadá atesoura a cifra de 89.640 documentos, Reino Unido obtén un total de 25.323 e, finalmente, China acumula o total de 404.072 títulos expresos. En contraposición a esta produción, Galicia evidencia unha literatura emerxente e unha produción cun alto impacto nun curto período de tempo e cun percorrido democrático en desenvolvemento.

Galicia, doutra parte, exemplifica con esta análise que resulta significativo como posible asociar rendemento institucional e visualización da produción dun territorio mediante títulos expresos, polo que o nivel de visualización expresa aparece como un criterio para asociar atributos, significados e unha segunda orde de información sobre parte da realidade do coñecemento científico local e mundial. Isto é, como evoluciona a relación de significados, características e atributos lonxitudinais que se correlacionan significativamente, a xeito de variable mediadora e moderadora, entre autores, países, institucións e tendencias sobre unha unidade e/ou marco xeográfico de estudo.

Polo lado das leccións aprendidas, o alcance para o termo de “Galicia” e a produción referenciada con títulos expresos concrétase nos seguintes elementos: (1.º) os principais documentos están vinculados con artigos principais situados na súa maioría no cuartil 1 (Q1) e un índice h>100; (2.º) as revistas con maior atracción cara á visualización de Galicia de forma expresa están en Europa, Estados Unidos e Reino Unido; (3.º) os principais financiadores, nesta mostra da literatura, están representados pola Xunta de Galicia, European Regional Development Fund e European Commission; (4.º) os principais 10 países representan o 63,84 % da produción mundial; (5.º) as economías que máis aplican o protocolo de visualización “Galicia” a títulos de documentos asóciase a cinco países principais: España, Estados Unidos, Portugal, Reino Unido e Francia; (6.º) a institución académica que máis visualiza expresamente o termo Galicia é a Universidade de Santiago de Compostela; (7.º) as dúas revistas con máis impacto, entre as 10 principais, son Chemosphere e Hydrobiologia, e desde as ciencias sociais Land Use Policy e Marine Policy; (8.º) a relación de temáticas representada cun gráfico de redes e interacción entre nodos mostra interdisciplinariedade da asociación documento con título “Galicia” e coñecemento científico con alto consenso epistémico mundial; (9.º) a limitación de Scopus como buscador bibliométrico debe ser reforzada con futuros estudos doutras bases de datos como Web of Science e Google Académico; (10.º) a limitación espacial da proposta debe ser complementada con outras análises de redes que correlacionen o termo Galicia coas temáticas concorrentes noutros campos disciplinarios; (11.º) existe outra limitación na análise, o nivel semántico de visualización, que debe complementarse cunha análise de correlación, argumentativa e de contido para xerar teoría fundamentada en futuros estudos de impacto da literatura principal29.

En conclusión, as fontes estudadas, aquelas con maior referencia expresa ao termo de Galicia, emerxen como continuidade da dialéctica da historia para transformala30, así como para dar paso a unha visión que auxilie o cambio do seu imaxinario social de posibilidades desde unha xestión adaptativa e resiliente31. Consecuentemente, o imaxinario científico e social asociado con “Galicia” nútrese dun coñecemento dialéctico para reconfigurar, sen opacidade e relevancia, a pluralidade da ciencia32, tanto desde unha visión posmaterialista como cun enfoque estrutural e dialéctico sobre o coñecemento entre estrutura e axentes situados33.

6 BIBLIOGRAFÍA

Abrahamson, E. 1991. «Managerial fads and fashions: The diffusion and rejection of innovations», en Academy of Management Review, 16: 586-612. https://doi.10.5465/amr.1991.4279484.

Abrahamson, E. 1996a. «Management fashion», en Academy of Management Review, 21(1): 254-285. https://doi.10.5465/amr.1996.9602161572.

Abrahamson, E. 1996b. «Management Fashion, Academic Fashion, and Enduring Truths», en The Academy of Management Review, (21)3: 616-618.

Álvarez, S. 1980. Galicia, nacionalidad histórica: causas de su marginación, su perspectiva. Madrid: Editorial Ayuso.

Barros-Dios, J.M., Ruano-Ravina, A., Gastelu-Iturri, J. e Figueiras, A. 2007. «Factors underlying residential radon concentration: Results from Galicia, Spain», en Environmental Research, 103(2): 185-190. https://doi.10.1016/j.envres.2006.04.008.

Bastos Boubeta, M.A. 1997. Políticas públicas no ámbeto autonómico (burocracia, la burocracia y la reforma administrativa, un análisis de los procesos burocráticos de institucionalización y sus consecuencias sobre las políticas públicas). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela.

Bastos Boubeta, M.A. 2001. «Clientelismo e gobernanza: Unha análise da funcionalidade do clientelismo», en Revista de pensamento do Eixo Atlántico, 8: 167-177.

Berkes, F., Colding, J. e Folke, C. 2000. «Rediscovery of traditional ecological knowledge as adaptive management», en Ecological Applications, 10(5): 1251-1262. https://doi.10.1890/1051-0761.

Blanco-Chao, R., Pérez-Alberti, A., Trenhaile, A.S., Costa-Casais, M. e Valcárcel-Díaz, M. 2007. «Shore platform abrasion in a para-periglacial environment, Galicia, northwestern Spain», en Geomorphology, 83(1-2): 136-151. https://doi.10.1016/j.geomorph.2006.06.028.

BOE (Boletín Oficial del Estado). 1978. BOE 29 diciembre 1978, n. 311. Constitución Española.

Boillot, G., Grimaud, S., Mauffret, A., Mougenot, D., Kornprobst, J., Mergoil-Daniel, J. e Torrent, G. 1980. «Ocean-continent boundary off the Iberian margin: A serpentinite diapir west of the Galicia bank», en Earth and Planetary Science Letters, 48(1): 23-34. https://doi.10.1016/0012-821X(80)90166-1.

Boillot, G., Recq, M., Winterer, E.L., Meyer, A.W., Applegate, J., Baltuck, M., (…) e Williamson, M. 1987. «Tectonic denudation of the upper mantle along passive margins: A model based on drilling results (ODP leg 103, western Galicia margin, Spain)», en Tectonophysics, 132(4): 335-342. https://doi.10.1016/0040-1951(87)90352-0.

Bouzas Lorenzo, R. 1999. Análisis organizativo de la Administración de una Comunidad Autónoma: Xunta de Galicia 1982-1997. Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela.

Bronfman, S.V. 2011. «Comunidades de práctica», en Educar, 47(1): 51-68. Dispoñible en: https://www.raco.cat/index.php/Educar/article/download/244622/327644 (10/09/22).

Bukve O. 2019. «The Logic and Methodological Rules of Reconstruction», en Designing Social Science Research. Cham: Palgrave Macmillan. https://doi.10.1007/978-3-030-03979-0_4.

Calvo de Anta, R., Luís Calvo, E., Casás Sabarís, F., Galiñanes Costa, J.M., Matilla Mosquera, N., Vázquez, F.M., Camps Arbestain, M. e Vázquez García, N. 2015. «Soil organic carbon in northern spain (Galicia, Asturias, Cantabria and País Vasco)», en Spanish Journal of Soil Science: SJSS, 5(1): 41-53. https://doi.10.3232/SJSS.2015.V5.N1.04.

Carrasco, J.M., Pérez-Gómez, B., García-Mendizábal, M.J., Lope, V., Aragonés, N., Forjaz, M.J., Guallar-Castillón, P., López-Abente, G., Rodríguez-Artalejo, F. e Pollán, M. 2007. «Health-related quality of life and mental health in the medium-term aftermath of the Prestige oil spill in Galiza (Spain): A cross-sectional study», en BMC Public Health, 7. https://doi.10.1186/1471-2458-7-2454.

Castelao, A.R. 2012. Sempre en Galiza (Vol. I, II). Santiago de Compostela: Editorial Galaxia.

Castro Iglesias, M.A., Pedreira, J.D., de Miguel, J., Alonso, C., Sánchez Mozo, M.P. e Coiradas, A. 1988. «Epidemiological aspects of human immunodeficiency virus infection in the Galician community», en Medicina Clínica, 91(11): 406-408.

Castro-Hermida, J.A., González-Losada, Y.A. e Ares-Mazás, E. 2002. «Prevalence of and risk factors involved in the spread of neonatal bovine cryptosporidiosis in Galicia (NW Spain)», en Veterinary Parasitology, 106(1): 1-10. https://doi.10.1016/S0304-4017(02)00036-5.

Chao, R.B., Casais, M.C., Cortizas, A.M., Alberti, A.P. e Trenhaile, A.S. 2003. «Evolution and inheritance of a rock coast: Western Galicia, northwestern Spain», en Earth Surface Processes and Landforms, 28(7): 757-775. https://doi.10.1002/esp.496.

Corbelle-Rico, E., Crecente-Maseda, R. e Santé-Riveira, I. 2012. «Multi-scale assessment and spatial modelling of agricultural land abandonment in a European peripheral region: Galicia (Spain), 1956-2004», en Land use Policy, 29(3): 493-501. https://doi.10.1016/j.landusepol.2011.08.008.

Crecente, R., Alvarez, C. e Fra, U. 2002. «Economic, social and environmental impact of land consolidation in Galicia», en Land use Policy, 19(2): 135-147. https://doi.10.1016/S0264-8377(02)00006-6.

Creswell, J.W. e Plano, V.L. 2011. Desgining and condcting mixed methods research (2.ª ed.). Thousand Oaks: Sage Publishing.

Denzin, N. 1989. The research Act. A Theorical Introduction to Sociological Methods (3.ª ed. rev.). New Jersey: Prentice Hall.

DOG (Diario Oficial de Galicia). 2022. Estructura. Dispoñible en: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/buscarAnunciosPublico.do;jsessionid=9wiomlWyNMndQek2hAjvxfmJSu9zs8P19WY-EVK4eLkp1UrBFsKX!1996719072!1417957551?method=cargarListado (10/09/22).

Duineveld, G.C.A., Lavaleye, M.S.S. e Berghuis, E.M. 2004. «Particle flux and food supply to a seamount cold-water coral community (Galicia bank, NW Spain)», en Marine Ecology Progress Series, 277: 13-23. https://doi.10.3354/meps277013.

Figueiras, F.G., Labarta, U. e Fernández Reiriz, M.J. 2002. «Coastal upwelling, primary production and mussel growth in the Rías Baixas of Galicia», en Hydrobiologia, 484: 121-131. https://doi.10.1023/A:1021309222459.

Filgueiras, A.V., Lavilla, I. e Bendicho, C. 2004. «Evaluation of distribution, mobility and binding behaviour of heavy metals in surficial sediments of Louro river (Galicia, Spain) using chemometric analysis: A case study», en Science of the Total Environment, 330(1-3): 115-129. https://doi.10.1016/j.scitotenv.2004.03.038.

Freire, J. e García-Allut, A. 2000. «Socioeconomic and biological causes of management failures in European artisanal fisheries: The case of Galicia (NW Spain)», en Marine Policy, 24(5): 375-384. https://doi.10.1016/S0308-597X(00)00013-0.

García-Allut, A. 1994. Estrategias económicas, innovación tecnológica y territorialidad en las comunidades pesqueras de Lira y Muxía. Tese de doutoramento. Departamento de Filosofía y Antropología. Universidade de Santiago.

Garín-Muñoz, T. 2009. «Tourism in Galicia: Domestic and foreign demand», en Tourism Economics, 15(4): 753-769. https://doi.10.5367/000000009789955107.

Giddens, A. 1995/1984. La constitución de la sociedad. Bases para la teoría de la estructuración. Buenos Aires: Amorrortu.

Grossi, M.E. 2018. «Linguistic mediation as part of migrant linguistic practices: The provision of interpreting services in the Galician community in Hanover, Germany», en Revista Internacional de Lingüística Iberoamericana, 16(1): 13-40.

Henderson, J., Escobar, O. e Revell, P. 2020. «Public value governance meets social commons: community anchor organisations as catalysts for public service reform and social change?», en Local Government Studies, 47(6). https://doi. 10.1080/03003930.2020.1787164.

Held, D. 2006. Modelos de democracia. Madrid: Alianza Editorial.

Iacobus. 2022. Galicia. Dispoñible en: https://iacobus.usc.es/search*gag/?searchtype=t&SORT=D&searcharg=Galicia&searchscope=1 (10/09/22).

Iglesias, G., López, M., Carballo, R., Castro, A., Fraguela, J.A. e Frigaard, P. 2009. «Wave energy potential in Galicia (NW Spain)», en Energy, 34(11): 2323-2333. https://doi.10.1016/j.renene.2009.03.030.

Iglesias, R., Paramá, A., Álvarez, M.F., Leiro, J., Fernández, J. e Sanmartín, M.L. 2001. «Philasterides dicentrarchi (Ciliophora, scuticociliatida) as the causative agent of scuticociliatosis in farmed turbot Scophthalmus maximus in Galicia (NW Spain)», en Diseases of Aquatic Organisms, 46(1): 47-55. https://doi.10.3354/dao046047.

Keating, M. 2001. «Rethinking the region: Culture, institutions and economic development in Catalonia and Galicia», en European Urban and Regional Studies, 8(3): 217-234. https://doi.10.1177/096977640100800304.

Kelley, H. 1991. «Unwed mothers and household reputation in a Spanish Galician community», en American Ethnologist, 18(3): 565-580. https://doi.10.1525/ae.1991.18.3.02a00080.

Lex.gal 2022. Dereito galego consolidado. Dispoñible en: https://www.lex.gal/galilex?p_p_id=galilex_WAR_galilexportlet&p_p_lifecycle=1&p_p_state=normal&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=2 (10/09/22)

Lourido, A., Moreira, J. e Troncoso, J.S. 2008. «Assemblages of peracarid crustaceans in subtidal sediments from the Ría de Aldán (Galicia, NW Spain)», en Helgoland Marine Research, 62(4): 289-301. https://doi.10.1007/s10152-008-0116-9.

Manatschal, G. e Bernoulli, D. 1999. «Architecture and tectonic evolution of nonvolcanic margins: Present-day Galicia and ancient Adria», en Tectonics, 18(6): 1099-1119. https://doi.10.1029/1999TC900041.

Martínez, L.V. 2018. «Spanish Civil War and recruitment in the Galician community in Argentina: the Acción Gallega de Caballeros de Santiago», en Cuadernos de Estudios Gallegos, 65(131): 377-401 https://doi.10.3989/ceg.2018.131.13.

Martínez-Herrera, E. 2002. «From nation-building to building identification with political communities: Consequences of political decentralisation in Spain, the Basque Country, Catalonia and Galicia, 1978-2001», en European Journal of Political Research, 41(4): 421-453. https://doi.10.1111/1475-6765.00018.

Meilán Gil, J.L. 1980. El Estatuto gallego: por fin unha terra nosa. Madrid: Editorial Latina.

Miranda, D., Crecente, R. e Álvarez, M.F. 2006. «Land consolidation in inland rural Galicia, N.W. Spain, since 1950: An example of the formulation and use of questions, criteria and indicators for evaluation of rural development policies», en Land use Policy, 23(4): 511-520. https://doi.10.1016/j.landusepol.2005.05.003.

Monteagudo, H. e Muniain, F.R. 2020. «Language and migration. the sociolinguistic and glottopolitical dynamics of the Galician community in Buenos Aires from the nineteenth century to the present day», en Journal of Multilingual and Multicultural Development, 41(1): 97-107. https://doi.10.1080/01434632.2019.1621878.

O’Rourke, B. e Ramallo, F. 2013. «Competing ideologies of linguistic authority amongst new speakers in contemporary Galicia», en Language in Society, 42(3): 287-305. https://doi.10.1017/S0047404513000249.

Otero, X.L., Vidal-Torrado, P., Calvo De Anta, R.M. e Macías, F. 2005. «Trace elements in biodeposits and sediments from mussel culture in the Ría de Arousa (Galicia, NW Spain)», en Environmental Pollution, 136(1): 119-134. https://doi.10.1016/j.envpol.2004.11.026.

Pestoni, C., Lareu, M.V., Rodríguez, M.S., Muñoz, I., Barros, F. e Carracedo, A. 1995. «The use of the STRs HUMTH01, HUMVWA31/A, HUMF13A1, HUMFES/FPS, HUMLPL in forensic application: Validation studies and population data for Galicia (NW Spain)», en International Journal of Legal Medicine, 107(6): 283-290. https://doi.10.1007/BF01246874.

Pintos, J.L. 1995a. «Orden social e imaginarios sociales (una propuesta de investigación)», en Papers. Revista de Sociología, 45: 101-127. https://doi.10.5565/rev/papers.1761. https://papers.uab.cat/article/view/v45-de-cea-naharro

Pintos, J.L. 1995b. Los imaginarios sociales. La nueva construcción de la realidad social. Madrid: Sal Terrae.

Pita, P., García-Allut, A. e Villasante, S. 2018. «The role of marine stakeholders in the co-production of scientific knowledge: lessons from Galicia (NW Spain)», en F. Briand (ed.), CIESM Monograph 50 - Engaging marine scientists and fishers to share knowledge and perceptions - Early lessons. Mónaco e París: CIESM Publisher.

Puente, X., Villares, R., Carral, E. e Carballeira, A. 1996. «Nacreous shell of Mytilus galloprovincialis as a biomonitor of heavy metal pollution in Galiza (NW Spain)», en Science of the Total Environment, 183(3): 205-211. https://doi.10.1016/0048-9697(96)05066-8.

Rebium (Red de bibliotecas universitarias españolas). 2022. Galicia. Dispoñible en: https://rebiun.baratz.es/rebiun/search?start=0&rows=12&fq=msstored_mlt155&fv=&q=Galicia (10/09/22).

Rodil, R., Quintana, J.B., Concha-Graña, E., López-Mahía, P., Muniategui-Lorenzo, S. e Prada-Rodríguez, D. 2012. «Emerging pollutants in sewage, surface and drinking water in Galicia (NW Spain)», en Chemosphere, 86(10): 1040-1049. https://doi.10.1016/j.chemosphere.2011.11.053.

Santás-Miguel, V., Díaz-Raviña, M., Martín, A., García-Campos, E., Barreiro, A., Núñez-Delgado, A., (…) y Fernández-Calviño, D. 2020. «Medium-term influence of tetracyclines on total and specific microbial biomass in cultivated soils of Galicia (NW Spain)», en Spanish Journal of Soil Science, 10(3): 218-232. https://doi.10.3232/SJSS.2020.V10.N3.05.

Schaff, A. 1967. Lenguaje y conocimiento. México: Grijalbo.

Schaff, A. 1982/1971. Historia y verdad (11.ª ed.). México: Grijalbo.

Seijo-Villamizar, J. 2022. Administración Pública, gobernanza e innovación democrática. El caso de la formulación de la política de cogestión paritaria en la reserva marina Os Miñarzos (Carnota, NW de España, A Coruña, Galicia). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela.

Somoza, L., Ercilla, G., Urgorri, V., León, R., Medialdea, T., Paredes, M., González, F.J. e Nombela, M.A. 2014. «Detection and mapping of cold-water coral mounds and living Lophelia reefs in the Galicia Bank, Atlantic NW Iberia margin», en Marine Geology, 349: 73-90. https://doi.10.1016/j.margeo.2013.12.017.

Stake, R.E. 1998/1995. Investigación con estudio de casos. Madrid: Ediciones Morata, S.L.

Taberner Guasp, J. 2008. Sociología y Educación. El sistema educativo en sociedades modernas. Funciones, cambios y conflictos (4.ª ed.). Madrid: Tecnos.

Tilly, Ch. 2010. Democracia. Madrid: Akal.

Todostuslibros. 2022. Galicia. Dispoñible en: https://www.todostuslibros.com/busquedas?titulo=galicia (08/06/22).

Trasar-Cepeda, C., Gil-Sotres, F. e Leirós, M.C. 2007. «Thermodynamic parameters of enzymes in grassland soils from Galicia, NW Spain», en Soil Biology and Biochemistry, 39(1), 311-319. https://doi.10.1016/j.soilbio.2006.08.002.

Trenhaile, A.S., Pérez Alberti, A., Martínez Cortizas, A., Costa Casais, M. e Blanco Chao, R. 1999. «Rock coast inheritance: An example from Galicia, northwestern Spain», en Earth Surface Processes and Landforms, 24(7): 605-621. https://doi.10.1002/(SICI)1096-9837(199907)24:7<605::AID-ESP977>3.0.CO;2-1.

Van Ekc, N.J. e Waltman, L. 2019. VOSviewer versión 1.6.13. Manual Dispoñible en: https://www.vosviewer.com/ (10/09/22).

Vega, J.A., Fernández, C. e Fonturbel, T. 2005. «Throughfall, runoff and soil erosion after prescribed burning in gorse shrubland in Galicia (NW Spain)», en Land Degradation and Development, 16(1): 37-51. https://doi.10.1002/ldr.643.

Vilas Nogueira, X., Máiz Suárez, R., Caamaño Domínguez, F. e Rivera Otero, X. 1994. O sistema político galego (1.ª ed.). Salamanca: Edicións Xerais.

Villalba, A., Mourelle, S.G., Carballal, M.J. e López, C. 1997. «Symbionts and diseases of farmed mussels Mytilus galloprovincialis throughout the culture process in the rias of Galicia (NW Spain)», en Diseases of Aquatic Organisms, 31(2): 127-139. https://doi.10.3354/dao031127.

Villares, R., Carral, E., Lorenzana, F. e Mosquera, E.L. 2007. «Drift-seaweed evaluation for fertilizer use in Galiza (Northwest Spain): Tissue elemental characterization and site-sampling differences», en Journal of Sustainable Agriculture, 31(1): 45-60. https://doi.10.1300/J064v31n01_06.

Villasante, S., Guyader, O., Pita, C., Frangoudes, K., Macho, G., (…) y Moreno, A. 2017. Social Transformation of Marine Social-Ecological Systems. ICES Report. Recuperado. de https://www.ices.dk/community/groups/Documents/WGRMES/ICES%20Science%20Fund%20Report_Social%20transformations_07_2017.pdf (4/06/2021).

Villasante, S., Tubío, A., Gianelli, I., Pita, P. e García-Allut, A. 2021. «Ever changing times: Sustainability transformations of galician small-scale fisheries», en Frontiers in Marine Science, 8. https://doi:10.3389/fmars.2021.712819.

Yanow, D. 1996. How Does a Policy Mean? Interpreting Policy and Organizational Actions. Washington, DC: Georgetown University Press

Notas

1 Tilly, 2010.

2 BOE, 1978.

3 Álvarez, 1980; Castelao, 2012; Meilán, 1980.

4 Vilas, Máiz, Caamaño e Rivera, 1994: 62-63.

5 Creswell e Plano, 2011.

6 Held, 2006.

7 Seijo-Villamizar, 2022.

8 Yanow, 1996.

9 Bronfman, 2011.

10 Van Eck e Waltman, 2019.

11 Seijo-Villamizar, 2022.

12 Stake, 1998.

13 Bukve, 2019.

14 Henderson, Escobar e Revell, 2020.

15 García-Allut, 1994.

16 Bastos Boubeta, 1997; Bouzas, 1999.

17 Lex.gal, 2022.

18 DOG, 2022.

19 todostuslibros, 2022.

20 Iacobus, 2022.

21 Rebium, 2022.

22 Calvo et al., 2015; Carrasco et al., 2007; Puente, Villares, Carral e Carballeira, 1996; Santás-Miguel et al., 2020; Villares, Carral, Lorenzana e Mosquera, 2007.

23 Castro et al., 1988; Grossi, 2018; Kelley, 1991; Martínez, 2018; Monteagudo e Muniain, 2020.

24 Abrahamsom, 1991; Abrahamsom, 1996a; Abrahamsom, 1996b.

25 Bastos Boubeta, 1997; Bastos Boubeta, 2001.

26 BOE, 1978.

27 Schaff, 1967; Schaff, 1982.

28 Denzin, 1989.

29 Seijo-Villamizar, 2022.

30 Pita et al., 2018; Taberner, 2008; Villasante et al., 2017; Villasante et al., 2021.

31 Berkes, Colding e Folke, 2000.

32 Pintos, 1995a; Pintos, 1995b.

33 Giddens, 1995; Schaff, 1967; Schaff, 1982.