Desenvolvemento urbano e liderado no contexto da gobernación local. Estudo de casos: Santiago de Compostela (España) e Konstanz (Alemaña)
Contido principal do artigo
Publicada: Mar 25, 2006
Número: Vol. 1 Núm. 2 (2006)
Resumo
O presente traballo realiza unha aproximación aos procesos de desenvolvemento urbano –entre os que se enmarcan as axendas 21 locais, a mercadotecnia de cidades ou a planificación estratéxica– que teñen lugar no contexto da gobernación urbana europea e que se inspiran en principios comúns. O estudo comparado de dúas cidades, Santiago de Compostela (España) e Konstanz (Alemaña), realizouse co obxectivo de determinar en que medida o liderado xoga un papel importante na construción e desenvolvemento dos devanditos procesos, pero tamén para comprobar se este liderado está condicionado por variables estruturais e institucionais que facilitan ou dificultan a súa emerxencia en ambos os contextos.
Detalles do artigo
Palabras chave:
gobernación local, liderado político, desenvolvemento urbano, planificación estratéxica, capital social
Artigos máis leídos do mesmo autor/a
- Belén Murillo Gorozarri, Moneyba González Medina, Rocío Fentanes Fortes, Imaxe e confianza nos funcionarios: valoracións dos cidadáns galegos , Revista A&C: Vol. 5 Núm. 2 (2010)
- Moneyba González Medina, Dimensións para a análise dos procesos urbanos nun contexto “posmetropolitano” , Revista A&C: Vol. 5 Núm. 2 (2010)