O principio de igualdade e a tutela contra a discriminación na Lei orgánica do 22 de marzo de 2007 para a igualdade efectiva de mulleres e homes
Contido principal do artigo
Publicada: Mar 25, 2006
Número: Vol. 1 Núm. 3 (2006)
Resumo
A Lei orgánica do 22 de marzo de 2007 para a igualdade efectiva de mulleres e homes ten por obxecto a prevención de calquera forma de discriminación por razón de sexo, tanto no ámbito público coma no privado. A lei abrangue todos os aspectos das relacións humanas (sinaladamente nos eidos político, civil, laboral, económico, social e cultural), establece principios, recoñece dereitos e implanta medidas para a erradicación de calquera situación de desigualdade. No presente traballo analízanse os principais conceptos, categorías e técnicas de Dereito Antidiscriminatorio definidos no título primeiro da lei.
Detalles do artigo
Palabras chave:
igualdade de oportunidades, discriminación por razón de sexo, cuotas, democracia paritaria