E-participación
Contido principal do artigo
Publicada: Mar 25, 2007
Número: Vol. 2 Núm. 3 (2007)
Resumo
O Plan de Acción de e-goberno i2010 aprobado en abril do 2006 a partir do resultado da terceira Conferencia Ministerial celebrada en Manchester en novembro do 2005 inclúe entre os seus obxectivos o reforzo da participación e a toma de decisións democrática. A experiencia das iniciativas levadas a cabo en toda Europa e noutros países puxo de manifesto os beneficios potenciais que a tecnoloxía pode achegar no que respecta a unha maior participación, así como á ampliación e ao enriquecemento do debate político. As novas tecnoloxías requiren opcións políticas e estratexias de execución específicas deseñadas para maximizar os beneficios e minimizar as consecuencias negativas.
Detalles do artigo
Palabras chave:
e-goberno, e-administración, xestión pública, participación