Unha aproximación á análise das políticas municipais de xénero en España

Natalia Paleo Mosquera

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 25, 2011
Resumo

A partir da aprobación da Constitución de 1978, a igualdade de xénero entrou nas axendas políticas españolas e, aínda que a diferentes ritmos, desde os tres niveis de goberno comezaron a desenvolverse as políticas de igualdade de xénero. O obxectivo deste artigo é analizar o proceso de elaboración destas políticas no ámbito municipal. Así, partindo da revisión das principais investigacións empíricas realizadas en torno a esta temática, abordaranse tres momentos concretos do desenvolvemento destas políticas: a) a entrada na axenda, b) o proceso de institucionalización, c) o proceso de implementación.

Detalles do artigo

Palabras chave:
igualdade de xénero; políticas locais de xénero; entrada da igualdade nas axendas municipais; organismos de igualdade no ámbito municipal, implementación das políticas municipais de xénero.