O IVE e a globalización: a dualidade existente entre unha economía global e a xestión local do imposto
Contido principal do artigo
Publicada: Mar 26, 2017
Número: Vol. 12 Núm. 2 (2017)
Resumo
O imposto sobre o valor engadido (IVE), actualmente vixente nuns 164 países, é, sen dúbida, o tributo de maior éxito a escala mundial. É un imposto con vantaxes incuestionables, como o seu significativo potencial recadatorio, a súa neutralidade respecto da estruturación dos procesos produtivos e do comercio internacional e o seu importante grao de harmonización, en particular na Unión Europea. Non obstante, tamén é un tributo que leva consigo niveis de incumprimento preocupantes –especialmente nas operacións transfronteirizas e nas operacións realizadas por vía electrónica–.
Detalles do artigo
Palabras chave:
IVE, fiscalidade internacional, fenda fiscal, fraude internacional no IVE, harmonización fiscal.
Artigos máis leídos do mesmo autor/a
- Miguel A. Vázquez Taín, Fraude, evasión e elusión fiscal na unión europea , Revista A&C: Vol. 10 Núm. 1 (2015)