Xénese e formulación da xestión da calidade na Comunidade Autónoma de Galicia

Miguel Anxo Bastos Boubeta
Javier Seijo Villamizar

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 25, 2016
Resumo

Este artigo trata sobre cal é a orixe, a formulación e o xeito en que se desenvolve un escenario de xestión para a calidade, no contexto da autonomía de Galicia. O instrumento de análise para alcanzar esta situación iníciase a través dunha ferramenta en calidade pública que pasa a estar referenciada pola organización burocrática como Cartas de Servizo (CdS). Estas constitúen un dos elementos primordiais para consolidar unha axenda gobernamental autonómica en calidade da xestión, así como o modelo, deseño e enfoque que deben ter presentes os futuros emprendedores de políticas públicas de calidade.

Detalles do artigo

Palabras chave:
calidade, carta de servizos, clientes, usuarios, xestión pública, xestión da calidade