O éxito e a consolidación dos partidos populistas na UE: contexto e resultados

Paula Villaverde Ferreño

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 26, 2018
Resumo

Os desafíos a que se enfronta o proxecto europeo, sumados á combinación da crise da zona euro coa actual crise dos refuxiados, crearon as circunstancias perfectas nas cales o discurso populista atopa un gran caladoiro de votos no malestar cidadán. Neste documento investígase como a crise migratoria e a súa instrumentalización por parte dos populistas logrou que alcanzasen cotas de poder –ao modular a axenda dos partidos tradicionais– nunca antes vistas. Analízanse as características, o comportamento preelectoral e os resultados das últimas eleccións de cada estudo de caso.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Populismo, eleccións, extrema dereita, partidos, migración, Europa.