A importancia da empresa nos modelos de crecemento económico

Francisco Jesús Ferreiro

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 29, 2013
Resumo

O presente artigo ten por obxectivo explicar os modelos de crecemento económico e a importancia da función empresarial a partir dos estudos de importantes autores como Solow e Marshall, entre outros. Para isto imos analizar o Modelo Básico de Solow, tanto nunha economía pechada como aberta, o Modelo Xeral de Solow, a importancia da tecnoloxía, o crecemento endóxeno, semiendóxeno, así como o desenvolvemento endóxeno. Tamén estudaremos a teoría marshalliana, o equilibro xeral de Walras, o capital humano no crecemento económico. Terminaremos cunhas conclusións sobre os modelos de crecemento económico e a importancia da función empresarial.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Crecemento económico, Solow, Marshall, produción, función empresarial.