As cláusulas de emprego e condicións de traballo na contratación pública no dereito da Unión Europea

José María Miranda Boto

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 30, 2015
Resumo

O ordenamento da Unión Europea, paulatinamente, foi admitindo a presenza de cláusulas de contido socio-laboral na contratación pública. A evolución histórica da normativa pon de manifesto que foi un proceso longo e lento, pero a nova Directiva 2014/18/UE semella augurar a consolidación desta situación. A xurisprudencia do Tribunal de Xustiza foi, pola súa parte, bastante errática. Nun primeiro momento admitiu, sen apoio normativo ningún, a presenza destas cláusulas no tráfico xurídico público. A continuación, coas emblemáticas sentenzas Rüffert e Bundesdruckerei, as tornas cambiaron completamente, ao impor taxativamente o respecto das liberdades mercantís. A moi recente sentenza Regiopost, en cambio, apostou firmemente pola admisibilidade de cláusulas sobre salario mínimo.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Administración pública, contratación pública, cláusulas sociais, cláusulas de emprego e condicións de traballo, dereito da Unión Europea.