A nova extrema dereita en Portugal: o caso de Chega

Alfonso A. A. López Rodríguez
https://orcid.org/0000-0003-3012-5667
Andrés Díaz-Varela López
Álvaro González-Gómez
https://orcid.org/0000-0002-6177-4662
Resumo

Os cambios producidos no sistema político portugués durante o ano 2019 xeraron transformacións cualitativas na composición da cámara parlamentaria lusa. A entrada dunha forza de extrema dereita por vez primeira implica un cambio do propio sistema de partidos, que pode orixinar cambios tanto no sistema de partidos como no sistema político a longo prazo. O obxecto deste texto é analizar o contexto onde se enmarca a aparición e a irrupción de Chega, así como os elementos e as características propias desta formación.

Detalles do artigo

Palabras chave:
extrema dereita, Populismo, partidos políticos, sitemá político, Portugal