Desenvolvemento urbano e liderado no contexto da gobernación local. Estudo de casos: Santiago de Compostela (España) e Konstanz (Alemaña)

Contido principal do artigo

Moneyba González Medina

Resumo

O presente traballo realiza unha aproximación aos procesos de desenvolvemento urbano –entre os que se enmarcan as axendas 21 locais, a mercadotecnia de cidades ou a planificación estratéxica– que teñen lugar no contexto da gobernación urbana europea e que se inspiran en principios comúns. O estudo comparado de dúas cidades, Santiago de Compostela (España) e Konstanz (Alemaña), realizouse co obxectivo de determinar en que medida o liderado xoga un papel importante na construción e desenvolvemento dos devanditos procesos, pero tamén para comprobar se este liderado está condicionado por variables estruturais e institucionais que facilitan ou dificultan a súa emerxencia en ambos os contextos.

Detalles do artigo

Sección

Artigos

Artigos máis lidos do(s) mesmo(s) autor(es)