Revista Galega de Administración Pública, EGAP

Núm. 70_xullo-decembro 2025 | pp. 31-56

Santiago de Compostela, 2026

https://doi.org/10.36402/regap.v1i70.5220

©Daniel Casdal Oubiña

ISSN-e: 1132-8371 | ISSN: 1132-8371

Recibido: 16/07/2024 | Aceptado: 16/12/2025

Editado baixo licenza Creative Commons Atribution 4.0 International License

O temoneiro do centro presidencial en Francia. Un estudo sobre a figura do secretario xeral do Elisio (1958-2023)

El timonel del centro presidencial en Francia. Un estudio sobre la figura del secretario general del Elíseo (1958-2023)

The helmsman of the presidential center in France. A study on the figure of the secretary-general of the Élysée (1958-2023)

Daniel Casal, PhD

Universidade Rey Juan Carlos

https://orcid.org/0000-0002-8960-5350

daniel.casal@urjc.es

Resumo: Desde que a República se institucionalizou como forma de goberno en Francia, a figura do secretario xeral da Presidencia converteuse nunha peza clave para comprender o papel desempeñado pola xefatura do Estado. Desde 1958, a V República implantou un modelo baseado nun esquema semipresidencialista, onde o presidente ten un papel dual como xefe de Estado e como membro dun poder executivo dual, compartido co primeiro ministro. Nesta configuración político-administrativa, o papel do secretario xeral ampliouse como álter ego da presidencia, sendo responsable do seu centro de goberno e coordinador da actividade gobernamental. O artigo explora o perfil das persoas que ocuparon este cargo ao longo de sete décadas, destacando a existencia de nesgos territoriais e profesionais, e tamén identificando que é un cargo desde o cal tende a iniciarse unha carreira política posterior.

Palabras clave: Centro de goberno, presidencia, Secretaría Xeral, centro presidencial.

Resumen: Desde la institucionalización de la República como forma de gobierno en Francia, la figura del secretario general de la Presidencia se ha convertido en una figura clave para comprender el rol que desempeña la jefatura del Estado. Desde 1958 la V República ha supuesto la implementación de un modelo basado en un esquema semipresidencialista donde el presidente tiene un papel dual como jefe del Estado y como integrante de un poder ejecutivo dual del que comparte áreas con el primer ministro. En esta configuración político-administrativa el rol del secretario general se ha expandido como alter ego de la presidencia, responsable de su centro de gobierno y coordinador de la actividad gubernamental. El artículo explora el perfil de las personas que han ocupado el cargo durante siete décadas, destacando la existencia de sesgos territoriales y profesionales, así como detectando que se trata de un cargo desde el que tiende a iniciarse una carrera política posterior.

Palabras clave: Centro de gobierno, presidencia, Secretaría General, centro presidencial.

Abstract: Since the institutionalization of the Republic as the form of government in France, the role of the secretary general of the Presidency has become a key figure in understanding the role played by the head of state. Since 1958, the Fifth Republic has implemented a model based on a semi-presidential system, where the president plays a dual role as both head of state and member of a dual executive with shared responsibilities alongside the prime minister. In this political-administrative configuration, the role of the secretary general has expanded as the president’s alter ego, responsible for the presidential center of government and coordinating governmental activities. The article explores the profile of individuals who have held this position over seven decades, highlighting territorial and professional biases, and identifying it as a position from which a subsequent political career often begins.

Key words: Center of government, presidency, General Secretary, presidential center.

Sumario: INTRODUCIÓN. 1. MARCO TEÓRICO. 1.1. As unidades staff das presidencias. Os centros de goberno. 1.2. A posición do centro presidencial francés na estrutura xurídico-institucional da V República. 2. DESEÑO METODOLÓXICO. 3. RESULTADOS. 3.1. Procedencia e orixe dos secretarios xerais da Presidencia. 3.2. Traxectoria política previa. 3.3. Traxectoria política posterior. 4. DISCUSIÓN DE RESULTADOS. CONCLUSIÓNS. BIBLIOGRAFÍA.

INTRODUCIÓN

O funcionamento das organizacións públicas articúlase a partir da existencia dun deseño estrutural onde se combina a capacidade de dirección e visión integrada coa división de tarefas en áreas especializadas. Dentro das cinco compoñentes fundamentais que enuncia Ramió1, destaca a existencia dentro das organizacións de unidades, entendidas como os órganos que, para poderen desenvolver as funcións que teñen atribuídas, dispoñen de capacidades orzamentarias, persoais e materiais. Mintzberg2 sinala que esencialmente as unidades poden ser de dous tipos: as de liña de mando e as de staff.

As unidades de liña de mando, tamén denominadas como unidades executivas, son aquelas cuxa función principal consiste en executar directrices, dentro do seu respectivo ámbito, para implementar as finalidades propias da organización. Pola súa banda, as unidades staff ou unidades de asesoramento teñen como misión principal a de dar consello aos decisores mediante o estudo, o asesoramento estratéxico ou a asistencia especial inmediata, aos decisores da organización.

No ámbito público, hai un amplo abano de unidades staff nas diferentes organizacións administrativas existentes. Dentro deste espectro destacan os gabinetes presidenciais, denominados tamén na literatura como centros de goberno pola OCDE3 ou centros presidenciais por autores como Lanzaro4 e cuxo principal sinal de identidade é que proxectan as funcións de asesoramento especificamente sobre as persoas que lideran os diferentes niveis gobernamentais.

A ciencia da Administración e as diferentes disciplinas politolóxicas, así como xurídicas, mesmo sendo plenamente conscientes da importancia que teñen este tipo de organismos no funcionamento dos gobernos, non lle prestaron un excesivo interese científico. A partir dos anos 90 comeza a mirarse os gabinetes presidenciais cun maior interese sobre a base de tres criterios.

A nivel científico, é necesario facer referencia aos enfoques académicos que poñen o seu foco de atención nos mecanismos vinculados ao planeamento estratéxico, a coordinación e o seguimento na implementación das políticas públicas5, así como aos que estudan os procesos de expansión do poder presidencial nos diferentes sistemas políticos6, aspecto que esperta grande interese académico pero tamén social e, non se pode negar, tamén das industrias culturais e creativas nos últimos tempos.

A investigación arredor dos centros de goberno focalizouse en boa medida tanto no rol que xogan nos diferentes procesos de decisión presidencial como nas estratexias comunicativas seguidas especialmente en momentos de crise. Porén, un aspecto que está moi pouco analizado é o que ten que ver co perfil dos seus titulares como auténticas elites político-administrativas.

Neste aspecto, a pregunta principal desta investigación céntrase en coñecer que perfís conforman a dirección dos centros presidenciais. Para poder respondela, o paper toma como estudo de caso o do secretario xeral da Presidencia da República en Francia. A elección do caso radica en que o sistema político francés, que se ben é certo que é conceptualizado como un sistema político semipresidencialista onde o poder executivo se comparte entre un presidente da República, que retén importantes facultades executivas, e un primeiro ministro, que coordina o gabinete7, o certo é que constitúe o exemplo máis clásico de evolución dun modelo institucional eurocontinental cara ao presidencialismo.

O paper estrutúrase en tres bloques. No primeiro constrúese o marco teórico de referencia sobre a base de tres elementos: a definición dos centros de goberno, a configuración da presidencia francesa no sistema político da V República e o deseño do seu centro presidencial. No segundo bloque defínese a metodoloxía que seguiu a investigación a partir da elaboración dunha base de datos sobre os perfís dos secretarios xerais da Presidencia desde 1958. Finalmente, o artigo analiza cada perfil que ocupou o cargo e, en último termo, discútense os principais achados e enúncianse as principais conclusións do artigo.

  1. MARCO TEÓRICO.
    1. As unidades staff das presidencias. Os centros de goberno.

Nos estudos clásicos sobre teoría da organización, afírmase que unha entidade funciona cando logra combinar a dirección e a visión integrada coa división de tarefas. Isto último lógrase a partir da configuración de cinco elementos clave. En primeiro lugar, é necesario mencionar a xerarquía e a divisionalización; a primeira permite observar de forma clara o tipo de altura (niveis de mando); pola súa banda, a divisionalización convértese nun elemento fundamental para comprender como se especializa a realización das diferentes funcións que desenvolve a organización8.

O segundo destes elementos clave vincúlase cos instrumentos de coordinación e control. Segundo Mintzberg9, son os mecanismos que permiten verificar que as diferentes partes que integran a organización cumpren de forma óptima co conxunto de obxectivos predefinidos no momento da súa constitución. En terceiro lugar, cómpre facer referencia aos postos de traballo, que son as unidades básicas, específicas e de natureza impersoal que serven para dar cumprimento efectivo ás actividades planificadas.

O cuarto elemento central de toda estrutura organizativa confórmase polo tipo de servizos que se prestan; se a organización tende a orientar as súas prestacións ad intra, pódese identificar de forma nítida como unha especialización en servizos comúns, mentres que, se a proxección dos servizos se fixa cara ao exterior, é posible afirmar que se trata dunha estrutura especializada en servizos de natureza sectorial.

A última das compoñentes centrais das organizacións fai referencia ás unidades. Ramió10 afirma que constitúen os órganos dotados de recursos humanos, medios materiais e capacidades orzamentarias para cumprir as funcións que teñen asignadas. Neste punto, é necesario sinalar, como xa se indicou na introdución, que toda organización conta con dous tipos de unidades: as unidades executivas que existen para realizar funcións de mando ou de execución dentro do seu respectivo espazo de actuación, mentres que, xunto a estas, toda organización conta coas denominadas unidades de asesoramento ou staff, que se dedican ao estudo, á análise estratéxica, á asistencia especial e inmediata e ao asesoramento.

No ámbito público, dentro destas unidades staff destacan os centros de goberno que realizan este tipo de funcións cara aos titulares dos gobernos11. Segundo Whipple12, trátase dunha configuración de natureza híbrida, xa que no seu nacemento eran oficinas particulares dos xefes de goberno que prestaban tarefas de asesoramento moi básicas, como a comunicación, as relacións parlamentarias ou aspectos cerimoniais e loxísticos, pero que evolucionaron e se expandiron de forma paralela ao desenvolvemento do Estado do benestar, as relacións intergobernamentais e a xestión estratéxica das políticas públicas, ata converterse en axencias centrais de goberno que terminan transcendendo a tradicional división entre staff e liña de mando. Segundo Arenilla13, un factor adicional de expansión dos gabinetes presidenciais podería atoparse na ausencia de estruturas específicas de planificación estratéxica ou na falta de unidades de políticas públicas.

  1. A posición do centro presidencial francés na estrutura xurídico-institucional da V República.

A principal característica que define o sistema político da V República francesa radica na configuración da Presidencia como o centro de gravidade da arquitectura institucional do modelo14. Segundo Duverger15, o presidente da República ten unha natureza dual, xa que é simultaneamente xefe de Estado e de goberno.

A súa primeira dimensión implica que a maxistratura ten unha natureza simbólica respecto da integridade territorial, da independencia e da continuidade da República (artigo 5 da Constitución francesa), e ademais dispón de capacidades de tipo cerimonial definidas no artigo 14, que van desde a firma de leis ata a acreditación de embaixadores. Ademais de ser o comandante supremo das forzas armadas (artigo 15), o artigo 19 exclúe o presidente de responsabilidade polos seus actos, a cal recae no órgano que os referende.

Na súa condición de xefe de goberno, o presidente da República, aínda que comparte o poder executivo co primeiro ministro, dispón de amplas facultades propias. En primeiro lugar, controla de forma efectiva o funcionamento do Goberno, xa que nomea o primeiro ministro, convoca, preside e participa nas deliberacións do Consello de Ministros e dispón de facultades exclusivas en materia de política exterior (negociación de tratados e representación en foros internacionais) e de seguridade (mando efectivo sobre as forzas armadas, uso da capacidade nuclear e capacidade de declarar determinados estados excepcionais).

O seu centro presidencial sitúase na capital do país, París, concretamente no Palacio do Elisio. A Secretaría Xeral da Presidencia é un órgano de longa traxectoria na historia político-administrativa de Francia, aparece na II República durante o mandato de Luís Napoleón Bonaparte. A III República definiu un modelo de Secretaría Xeral de carácter dual, integrada por unha Casa Civil e unha Casa Militar e liderada por un oficial de carreira, ata que en 1900 es asumida definitivamente por empregados públicos pertencentes á Administración civil. A partir de 1958, coa chegada do xeneral De Gaulle, pasou a ser un organismo integrado pola Secretaría Xeral, como reitor do Centro Presidencial, e polo Gabinete da Presidencia, dependente desta16.

A Secretaría Xeral da Presidencia non forma parte da Constitución de 1958, nin se fai mención a ela en ningunha norma con rango legal que lle dea estabilidade. A súa principal característica xurídica recae en que a súa posición e as súas funcións se atopan dispersas nunha normativa fragmentada e xeralmente de natureza regulamentaria. Neste aspecto é necesario destacar que deste órgano se fala en cinco categorías normativas diferentes.

O Decreto 48-1233, do 28 de xullo de 1948, polo que se organizan os servizos do Palacio do Elisio, encoméndalle ao secretario xeral da Presidencia a dirección superior do centro de goberno da V República. Pola súa parte, o Decreto 2022-492, do 5 de abril de 2022, formaliza a función deste organismo como responsable da coordinación dos diferentes departamentos gobernamentais coa Presidencia da República.

En paralelo, da Secretaría Xeral tamén se fala na normativa interna do Palacio do Elisio. O Regulamento Interno, que non é un documento público e que se actualiza con cada presidencia, fai mención na súa sección segunda ao procedemento de designación do seu titular, así como ás funcións xerais do cargo. Estas funcións desenvólvense no acervo de circulares, ordes e instrucións que dan desenvolvemento ao Regulamento Interno.

Adicionalmente, é de aplicación subsidiaria á Secretaría Xeral da Presidencia e ao centro de goberno o Código xeral da función pública, que rexe o conxunto de procedementos administrativos dos empregados que conforman a estrutura político-administrativa da República francesa17.

Por tanto, ante esta falta de configuración legal e dispersión regulamentaria arredor das funcións deste organismo, levouse, segundo Armand e Bongibault18, a que o seu funcionamento se moldease por parte de cada presidente e as súas capacidades se estendesen de forma paralela á expansión da Administración pública, podendo afirmarse que a súa estrutura e as súas funcións se foron consolidando a partir da práctica político-institucional.

Como acertadamente sinala Graziani19, pódese afirmar que desde ١٩٥٨ o secretario xeral da Presidencia proxecta as súas funcións en tres áreas centrais: portavocía, coordinación e asesoramento estratéxico. En primeiro lugar, a práctica institucional converteu o titular deste organismo nun “portavoz” das grandes decisións exclusivas que o ordenamento xurídico-constitucional da V República lle encomenda á Presidencia. O exemplo máis destacado recae na capacidade de designación do primeiro ministro e na posterior conformación do equipo ministerial, cuxa designación e cesamento son unha competencia exclusiva do xefe do Estado20.

A segunda das súas grandes áreas de actuación recae na capacidade do secretario xeral da Presidencia, e vincúlase coa capacidade de coordinación intergobernamental das dúas ramas que compoñen o poder executivo en Francia21 como órgano de enlace entre o Presidente da República e o equipo gobernamental en materia de preparación dos asuntos a tratar nas reunións do Consello de Ministros, así como na xestión das iniciativas e funcións intergobernamentais. En último termo, as súas funcións céntranse nas específicas de calquera centro de goberno, como son as de prestación de asistencia inmediata, asesoramento estratéxico e apoio loxístico ao titular da Presidencia da República.

  1. DESEÑO METODOLÓXICO

A partir da construción do marco teórico da investigación, faise preciso recuperar a pregunta principal de investigación, consistente en coñecer que tipos de perfís acceden á dirección dos centros presidenciais. Polo tanto, o obxectivo principal que se formula radica en comprender a figura do titular do centro de goberno como unha elite político-administrativa nos sistemas demoliberais, especialmente nos que, como o semipresidencialista francés, contan cunha presidencia forte.

Como obxectivos específicos da investigación atoparíanse:

- Avanzar na construción dunha base de datos sobre os titulares dos centros de goberno.

- Conceptualizar os modelos de dirección deste tipo de organismos.

- Profundar na comprensión dos gabinetes e centros presidenciais, que son un ámbito ao que a ciencia política e da Administración, así como o dereito público, prestan unha atención escasa, a pesar do seu indubidable papel de liderado nos procesos de toma de decisións do poder executivo.

Para responder a pregunta principal de investigación, seleccionouse como estudo de caso o da Secretaría Xeral da Presidencia da V República francesa. A razón desta elección reside en que o modelo político implementado desde 1958 constitúe o exemplo máis claro de evolución cara a un esquema presidencialista nos sistemas políticos eurocontinentais e foi ademais un sistema que inspirou a arquitectura constitucional dalgúns países que forman parte da terceira onda democratizadora22.

A análise do secretario xeral do Elisio elaborouse a partir do esquema de Bourdieu23 baseado na acumulación de capitais como paso previo ao acceso á posición de elite político-administrativa. Para isto, construíuse unha base de datos que toma como referencia tres dimensións analíticas: orixe, traxectoria política previa e traxectoria política posterior.

Táboa 1. Dimensións analíticas.

Dimensión

Variables

Subvariables

Orixe

1. Rexión de nacemento

2. Idade de acceso ao cargo

3. Estudos

4. Experiencia profesional

3.a) Centro de estudos 1

3.b) Estudos cursados

3.c) Centro de estudos 2

3.d) Estudos cursados

3.e) Centro de estudos 3

3.f) Estudos cursados

4.a) Profesión

4.b) Anos de experiencia

Traxectoria política previa

1. Experiencia no poder executivo

2. Experiencia no poder lexislativo

3. Experiencia na política rexional e local

4. Experiencia na política internacional

1.a) Cargos

1.b) Anos

2.a) Cargos

2.b) Anos

3.a) Cargos

3.b) Anos

4.a) Cargos

4.b) Anos

Traxectoria política posterior

1. Experiencia no poder executivo

2. Experiencia no poder lexislativo

3. Experiencia na política rexional e local

4. Experiencia na política internacional

1.a) Cargos

1.b) Anos

2.a) Cargos

2.b) Anos

3.a) Cargos

3.b) Anos

4.a) Cargos

4.b) Anos

Fonte: Elaboración propia.

O primeiro dos parámetros analíticos vincúlase coa orixe das persoas que se desempeñaron como secretarios xerais no Elisio. Para iso, a investigación toma catro variables de estudo: a rexión de orixe, a idade no momento de acceder ao cargo, os centros de educación superior e a traxectoria profesional. Esta dimensión permite observar a acumulación de capitais culturais e sociais con carácter previo á responsabilidade administrativa desempeñada e, en paralelo, pode ser un instrumento que facilite detectar se determinados espazos xeográficos, centros educativos ou colectivos profesionais xeran un efecto filtro no recrutamento deste tipo de figuras políticas.

A segunda das dimensións de análise fai fincapé na traxectoria política previa que teñen as persoas que lideraron o centro presidencial en Francia mediante o estudo da experiencia en cargos desempeñados no poder executivo e lexislativo nacional, o paso por institucións subnacionais (gobernos locais e rexionais) ou a experiencia en política exterior. Este tipo de análise constitúe un elemento crucial para poder identificar se as persoas que acceden ao cargo conteñen capital social e simbólico24 acumulado a través dun proceso de experiencias en responsabilidades institucionais e administrativas en diferentes postos políticos ou se, polo contrario, son perfís menos expostos.

En último termo, a investigación analiza a traxectoria política posterior ao desempeño do cargo a partir dos mesmos parámetros empregados na traxectoria política previa (experiencias nos poderes executivo e lexislativo, en política municipal ou rexional e en política exterior). O emprego desta variable permite determinar se ocupar a dirección dun centro de goberno permite acumular capital social e simbólico, converténdose o cargo nun espazo de recrutamento de futuras elites políticas ou se, polo contrario, a traxectoria do seu titular se dilúe coa do presidente que o designou.

Estas tres dimensións de análise intégranse nun estudo combinado sobre os titulares da Secretaría Xeral da Presidencia que permite determinar nesgos políticos, rotación e temporalidade deste tipo de figuras públicas no cargo.

  1. RESULTADOS
    1. Procedencia e orixe dos secretarios xerais da Presidencia.

A primeira das dimensións que se toman como parámetros de análise sobre o perfil das persoas que acceden ao cargo de secretario xeral do Elisio ten que ver coa súa procedencia, coa finalidade de determinar se a orixe xeográfica, o centro educativo ou a traxectoria profesional constitúen un tipo de filtro de recrutamento de elites políticas.

Para comprender as condicións previas de quen accede ao cargo, a investigación toma como unidades de análise: a rexión da que é oriúnda cada persoa, coa finalidade de detectar nesgos xeográficos; a idade que tiña no momento do seu nomeamento, o que permite identificar se para este tipo de funcións se prefiren perfís máis ou menos experimentados; os diferentes estudos e centros universitarios onde desenvolveron a súa formación, xa que é un elemento que facilita constatar se as universidades son espazos de cooptación de elites políticas; e, finalmente, a traxectoria profesional previa, que ofrece unha perspectiva dos colectivos profesionais como lugares de recrutamento político-administrativo.

Táboa 2. Orixe xeográfica.

Presidente

Secretario xeral

Rexión de orixe

De Gaulle

Geoffroy Chodron de Courcel

Centro-Val de Loira

Etienne Burin des Roziers

Illa de Francia

Bernard Tricot

Auvernia-Ródano-Alpes

Pompidou

Bernard Beck

Normandía

Giscard d’Estaign

Claude Pierre-Brossolette

Illa de Francia

Jean François-Poncet

Illa de Francia

Jaques Wahl

Hauts-de-France

Mitterrand

Pierre Bérégovoy

Normandía

Jean-Louis Bianco

Illa de Francia

Hubert Vedrine

Nova Aquitania

Chirac

Dominique de Villepin

Marrocos

Philippe Bas

Illa de Francia

Frederic Salat-Baroux

Illa de Francia

Sarkozy

Claude Gueant

Hauts-de-France

Xavier Musca

Córsega

Hollande

Pierre-Rene Lemas

Alxeria

Jean-Pierre Jouyet

Illa de Francia

Macron

Alexis Kohler

Gran Leste

Fonte: Elaboración propia.

Como mostra a táboa 2, as persoas que ocuparon a Secretaría Xeral da Presidencia da República (un 38,8 %) naceron na rexión de Illa de Francia, que é o territorio onde se sitúa a cidade de París, capital do Estado. Nunha menor medida, o 22,2 % dos designados eran oriúndos de rexións situadas no norte do país, como é o caso de Bernard Beck, nomeado polo presidente Pompidou (gaullista), e do socialista Pierre Bérégovoy, primeiro secretario xeral nos dous mandatos de François Mitterrand, ambos da rexión de Normandía. Por outra banda, Jacques Wahl, nomeado por Giscard d’Estaing, e Claude Guéant, designado polo gaullista Nicolas Sarkozy, procedían da rexión de Alta Francia.

Gráfico 1. Idade (por familias políticas).

Fonte: Elaboración propia.

A idade media dos dezaoito responsables do centro de goberno francés foi de 50,9 anos. A persoa máis nova en ocupar o cargo foi Dominique de Villepin, que con 42 anos foi o primeiro secretario xeral de Chirac, mentres que o máis veterano foi o socialista Pierre-René Lemas, nomeado por François Hollande.

Este dato supón, en primeiro lugar, que se tende a escoller perfís máis novos que os do presidente que os designa, xa que, como sinala Casal25, a idade media coa que os xefes de Estado acceden ao cargo se sitúa en los 57,3 anos. En segundo termo, obsérvase un claro nesgo respecto á idade de nomeamento se se toma como referencia a familia política á que pertence o presidente. Os socialistas (Mitterrand e Hollande) optan por perfís máis maduros, tres anos por enriba da media; de forma semellante, o gaullismo (De Gaulle, Pompidou, Chirac e Sarkozy) elixen persoas cunha idade media de 53,1 anos, moi semellante á dos socialistas. O elemento disruptivo vese nos presidentes pertencentes a formacións liberais (Giscard d’Estaing e Macron), que elixiron secretarios xerais de case cinco anos por debaixo da idade media.

Táboa 3. Centro de estudos e carreira.

Centro

Estudos de grao

Secretarios xerais

Estudos de posgrao

Secretarios xerais

Sciences Po

Dereito

5

Administración Pública

1

Dereito-Económicas

1

Economía

1

Ciencias Políticas

2

Ciencias Políticas

1

Economía

1

Historia

2

Administración Pública

2

Lille

Dereito-Económicas

1

París

Dereito

2

Dereito Público

1

Sorbona

Dereito

1

ENA

Administración Pública

8

ESCP Europa

Dereito Comunitario

1

ESSEC

Economía

1

Fonte: Elaboración propia.

A análise do centro onde se cursaron os estudos universitarios de grao e posgrao ofrece tres elementos de diagnóstico de gran relevancia que se poden apreciar na táboa 3. En primeiro lugar, constátase unha alta cualificación académica das persoas que foron designadas para dirixir o centro presidencial, coa excepción do socialista Pierre Bérégovoy, que contaba con estudos de Formación Profesional Industrial; os restantes dezasete titulares do cargo posuían estudos universitarios.

En segundo lugar, cómpre destacar que a localización do centro de estudos é extraordinariamente relevante, xa que nalgún momento todos eles estudaron en institucións universitarias situadas en París. Concretamente, é necesario sinalar que un 76 % dos que foron secretarios xerais da Presidencia cursaron estudos de grao en Sciences Po de París, que foi un centro educativo creado na III República como un espazo de formación das elites político-administrativas do país. Mentres, un 44,4 % dos que foron designados para o cargo contaban con estudos de posgrao na Escola Nacional de Administración (ENA), creada durante o Goberno provisional do xeneral De Gaulle coa finalidade de institucionalizar o Estado durante a reconstrución posterior á II Guerra Mundial a partir da centralización do servizo civil de carreira, a formación da alta función pública e a definición dun estatuto común para os directivos públicos e que configurou unha auténtica canteira de elites políticas, administrativas e empresariais coñecidas como ènarques (enarcas).

Táboa 4. Traxectoria profesional.

Presidente

Secretario xeral

Experiencia profesional

Anos

De Gaulle

Geoffroy Chodron de Courcel

Diplomático

16

Etienne Burin des Roziers

Diplomático (1939-1950; 1958-1962)

Profesor da ENA (1950-1958)

23

Bernard Tricot

Auditor do Consello de Estado (1945-1948)

Directivo público (1948-1967)

22

Pompidou

Bernard Beck

Inspector de Facenda (1940-1958) Inspector do Tribunal de Contas (1958-1959)

Secretario xeral e presidente do Tribunal de Contas (1959-1969)

29

Giscard d’Estaign

Claude Pierre-Brossolette

Inspector de Facenda (1952-1974)

22

Jean François-Poncet

Diplomático (1955-1970)

Directivo do sector agroalimentario (1970-1976)

19

Jaques Wahl

Inspector de Facenda (1961-1978)

17

Mitterrand

Pierre Bérégovoy

Instalador (1941-1949)

Técnico de vendas (1950-1957)

Director de proxectos GDF (1972-1981)

24

Jean-Louis Bianco

Auditor do Consello do Estado (1971-1979)

Sindicalista (1979-1981)

12

Hubert Vedrine

Directivo público (١٩٧٤-١٩٨١)

7

Chirac

Dominique de Villepin

Diplomático (1980-1995)

15

Philippe Bas

Auditor do Consello de Estado (1984-1993)

Directivo público (١٩٩٣-١٩٩٧)

13

Frederic Salat-Baroux

Técnico da Seguridade Social (1994-1995)

Directivo público (١٩٩٧-٢٠٠٢)

8

Sarkozy

Claude Gueant

Directivo público (١٩٧١-٢٠٠٥)

34

Xavier Musca

Inspector de Facenda (1988-2011)

23

Hollande

Pierre-Rene Lemas

Directivo público (١٩٨١-٢٠١٢)

31

Jean-Pierre Jouyet

Inspector do Tribunal de Contas (1978-1981)

Profesor de Sciences Po (1981-1988) Profesor da ENA (1982-2013)

35

Macron

Alexis Kohler

Directivo público (١٩٩٨-٢٠١٦)

Director financeiro do sector naval (2016-2017)

19

Media:

20,5

Fonte: Elaboración propia.

O estudo da traxectoria profesional revela unha altísima cualificación profesional de quen ocuparon a Secretaría Xeral do Elisio, vinculada en practicamente todos os casos a unha ampla experiencia no sector público. Coa excepción de Pierre Bérégovoy, o resto das persoas que foron nomeadas para o cargo desenvolveron nalgún momento funcións en altos corpos da Administración pública. Concretamente, destacan os vinculados á facenda pública e á intervención: ٣ auditores do Consello de Estado, ٤ inspectores de Facenda e 2 inspectores do Tribunal de Contas. Tamén cómpre destacar a presenza de 3 diplomáticos e 2 profesores da ENA.

  1. Traxectoria política previa

O estudo desta dimensión analítica constitúe un aspecto complementario da idade, a orixe xeográfica, a educación ou a experiencia profesional dos titulares do centro presidencial francés. Trátase dun ámbito de estudo especialmente relevante, xa que permite comprender catro planos de formación das elites político-administrativas francesas.

En primeiro lugar, o coñecemento da política nacional ao chegar ao cargo a partir da experiencia en equipos ministeriais como integrante do Consello de Ministros. En segundo termo, a traxectoria parlamentaria a partir do estudo da participación como electo na Asemblea Nacional ou no Senado.

En terceiro lugar, tómase como referencia a experiencia política adquirida como representante electo en institucións políticas municipais e rexionais, e, finalmente, estúdase a experiencia política internacional a través da designación como embaixador de Francia ante terceiros Estados ou organismos internacionais.

É importante destacar que unha das características que vén presentando o sistema político francés, desde a III República, é que resulta frecuente a compatibilidade de cargos electivos durante a traxectoria política dunha persoa. Esta acumulación ten principalmente un carácter vertical, xa que o seu principal sinal de identidade é o exercicio, no mesmo espazo temporal, de postos en diferentes niveis administrativos.

Táboa 5. Traxectoria política previa.

Presidente

Secretario xeral

Experiencia no poder executivo

Anos

Experiencia no poder lexislativo

Anos

Experiencia en institucións municipais e rexionais

Anos

Experiencia en política internacional

Anos

De Gaulle

Geoffroy Chodron de Courcel

Non

Non

Non

Embaixador ante a OTAN (1958-1959)

1

Etienne Burin des Roziers

Non

Non

Non

Embaixador en Polonia (1958-1962)

4

Bernard Tricot

Non

Non

Non

Non

Pompidou

Bernard Beck

Non

Non

Non

Non

Giscard d’Estaign

Claude Pierre-Brossolette

Non

Non

Non

Non

Jean François-Poncet

Non

Non

Non

Non

Jaques Wahl

Non

Non

Non

Non

Mitterrand

Pierre Bérégovoy

Non

Non

Non

Non

Jean-Louis Bianco

Non

Non

Non

Non

Hubert Vedrine

Non

Non

Concelleiro de Saint-Léger-des-Vignes

14

Non

Chirac

Dominique de Villepin

Non

Non

Non

Non

Philippe Bas

Non

Non

Non

Non

Frederic Salat-Baroux

Non

Non

Non

Non

Sarkozy

Claude Gueant

Non

Non

Non

Non

Xavier Musca

Non

Non

Non

Non

Hollande

Pierre-Rene Lemas

Non

Non

Non

Non

Jean-Pierre Jouyet

Non

Non

Non

Non

Macron

Alexis Kohler

Non

Non

Non

Non

Fonte: Elaboración propia.

Como claramente se observa na táboa 5, o perfil das persoas que ocuparon a Secretaría Xeral da Presidencia caracterízase por unha falta de experiencia política previa. Durante toda a V República, ningún responsable do centro de goberno contaba con experiencia previa como membro do poder executivo, nin como integrante dalgunha das dúas cámaras que conforman o poder lexislativo en Francia.

En materia de experiencia nas institucións subnacionais, e sobre todo en gobernos locais, que é unha das principais características do republicanismo contemporáneo en Francia, obsérvase que tampouco se acredita unha experiencia de ningún tipo, coa excepción de Hubert Védrine, quen foi o último secretario xeral do presidente Mitterrand e ocupou durante 14 anos o cargo de concelleiro polo Partido Socialista no Concello de Saint-Léger-des-Vignes, un pequeno municipio situado na rexión de Borgoña, no centro xeográfico do país.

O estudo da traxectoria internacional constata que as persoas que ocuparon a titularidade do centro de goberno do Palacio do Elisio tampouco contaban cunha experiencia moi dilatada, coa excepción dos dous primeiros titulares do cargo: Chodron de Courcel e Burin de Roziers, ambos nomeados polo presidente De Gaulle, os cales ocuparon respectivamente as embaixadas de Francia ante a OTAN (durante un ano) e ante Polonia (durante catro).

  1. Traxectoria política posterior

Ademais do estudo da orixe territorial, educativa e xeográfica, así como da traxectoria política previa ao exercicio do cargo, un aspecto de relevancia crucial para comprender a posición da figura do secretario xeral da Presidencia na estrutura política e administrativa da V República francesa vincúlase co coñecemento da súa traxectoria posterior ao desempeño do cargo.

A análise desta variable permite determinar dúas cuestións esenciais: por unha banda, se a experiencia adquirida na dirección do centro de goberno se converte nun elemento catalizador dunha carreira política posterior ou, en sentido contrario, se o designado tende a desaparecer do espazo institucional unha vez finaliza a súa traxectoria.

Para estudar o desenvolvemento desta carreira posterior, determináronse, en forma de espello, as mesmas unidades analíticas empregadas para analizar a traxectoria previa nas institucións. En primeiro lugar, a experiencia posterior no poder executivo como integrante do Consello de Ministros ou como titular da Presidencia da República.

En segundo termo, a súa traxectoria como membro electo do Senado ou da Asemblea Nacional francesa. En terceiro lugar, a súa experiencia posterior na política rexional e municipal, e, finalmente, a proxección exterior da súa carreira unha vez finalizado o seu desempeño no Elisio.

Gráfico 2. Experiencia no poder executivo.

Fonte: Elaboración propia.

Sanidade Primeiro ministro

Como constata o gráfico 2, case o 40 % das persoas que ocuparon o cargo desenvolveron unha carreira institucional posterior dentro do poder executivo, xeralmente en carteiras de transcendencia para o Estado, como son os ministerios de Interior, Asuntos Exteriores, Defensa e, en menor medida, Seguridade Social. É necesario destacar que o socialista Pierre Bérégovoy e o gaullista Dominique de Villepin chegaron a ser primeiros ministros designados polos mesmos presidentes (Mitterrand e Chirac) que previamente lles encomendaran a dirección do centro de goberno.

Táboa 6. Traxectoria posterior no poder lexislativo.

Secretario xeral

Familia política

Experiencia no Parlamento

Anos

Jean François-Poncet

Centrista

Senador

18

Pierre Bérégovoy

Socialista

Deputado

3

Jean-Louis Bianco

Socialista

Deputado

15

Philippe Bas

Gaullista

Senador

12

Media:

12

Fonte: Elaboración propia.

A experiencia parlamentaria, como se pode observar na táboa 6, é bastante máis reducida. Só catro das dezaoito persoas que alcanzaron a Secretaría Xeral do Elisio lograron desenvolver unha traxectoria política posterior dentro do poder lexislativo durante unha media de 12 anos.

Os socialistas Bérégovoy e Bianco, nomeados ambos polo presidente Mitterrand, lograron ocupar o cargo de deputado na Asemblea Nacional, no primeiro caso durante un breve período de tres anos, mentres que no segundo foi de tres lexislaturas completas ininterrompidas que comprenderon 15 anos. Tamén foi o caso de Jean François-Poncet, secretario xeral con Giscard d’Estaing e do gaullista Philippe Bas, que o foi con Chirac. En ambos os casos lograron unha acta de senador durante 18 e 12 anos, respectivamente.

Gráfico 3. Traxectoria rexional e local.

Fonte: Elaboración propia.

... Rexional

Como constata o gráfico 3, un total de cinco antigos secretarios xerais do Elisio tiveron unha carreira política posterior en institucións municipais e rexionais. É necesario destacar que Beck, Bianco (gaullistas) e Bérégovoy (socialista) lograron converterse en alcaldes de Granville, Digne-les-Bains e Nevers, respectivamente, mentres que o gaullista Philippe Bas alcanzou a Presidencia da Rexión da Mancha e o centrista Jean François-Poncet a de Lot e Garona.

Táboa 7. Traxectoria na política exterior posterior.

Secretario xeral

Familia política

Experiencia internacional

Anos

Geoffroy Chodron de Courcel

Gaullismo

Embaixador no Reino Unido (1962-1972)

10

Etienne Burin des Roziers

Gaullismo

Embaixador en Italia (1967-1972)

REPER (1972-1975)

8

Jean-Pierre Jouyet

Socialismo

Embaixador no Reino Unido (2017-2019)

Embaixador ante a OCDE (2019-2020)

3

Media:

7

Fonte: Elaboración propia.

Tres antigos secretarios xerais da Presidencia proxectaron a súa carreira cara á política exterior despois de desempeñaren o cargo, con sete anos de media. A táboa 7 mostra como Chrodon de Courcel e Burin des Roziers, nomeados por De Gaulle, posteriormente ocuparon as embaixadas no Reino Unido, Italia e a Representación Permanente de Francia ante as Comunidades Europeas (REPER), respectivamente. Por outra banda, Jean-Pierre Jouyet, o último secretario xeral nomeado durante a presidencia de François Hollande, foi nomeado polo seu sucesor, o centrista Emmanuel Macron, como embaixador ante o Reino Unido e despois ante a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE).

  1. DISCUSIÓN DE RESULTADOS

A partir da presentación dos principais achados da investigación, poden extraerse catro consideracións preliminares sobre o perfil de acceso ao cargo de secretario xeral da Presidencia da República Francesa: masculinización que actúa como espello da xefatura do Estado, nesgo territorial, elevada cualificación profesional xunto a pouca experiencia en primeira liña das institucións e, finalmente, unha tendencia lixeira a proxectar unha carreira política con posterioridade.

A primeira das consideracións preliminares ten que ver coa masculinización do posto. A V República fundouse en 1958 coa aprobación da Constitución dese mesmo ano proposta polo xeneral De Gaulle. Desde entón, houbo oito xefes de Estado que designaron como responsable do seu centro presidencial dezaoito persoas. Nestas sete décadas de vixencia do modelo semipresidencialista francés, nunca se nomeou unha muller como responsable da Secretaría Xeral do Elisio, un dato que coincide coa ausencia de mulleres á fronte da Presidencia da República.

Gráfico 4. Nesgo xeográfico.

Gráfico, Gráfico de barras

Descripción generada automáticamente

Fonte: Elaboración propia.

En segundo lugar, é necesario sinalar que na designación do secretario xeral se observa un nesgo territorial importante na elección dos perfís. Como se pode ver nas táboas 2 e 3 e de forma sintetizada no gráfico 4, a rexión de Illa de Francia é o lugar de nacemento do 38,8 % das persoas que ocuparon o cargo durante a V República, e é tamén o espazo xeográfico onde o 93 % dos secretarios xerais cursaron os seus estudos universitarios de grao, especialmente en Sciences Po (o 76,4 %), e onde todos eles desenvolveron estudos de posgrao, destacando a ENA, unha escola de formación superior para o 44,4 % dos nomeados para dirixir o centro presidencial do Elisio.

A terceira das consideracións previas que se poden extraer desta investigación refírese ao perfil das persoas que foron designadas como responsables da Secretaría Xeral da Presidencia, caracterizado por unha alta cualificación profesional que contrasta cunha baixa experiencia política, como se pode observar nas táboas 4 e 5.

Táboa 8. Relación experiencia profesional-traxectoria política.

Empregado público

Media de anos

Experiencia política previa

Media de anos

94,40 %

20,5

16,60 %

6,3

Fonte: Elaboración propia.

Deste xeito, como resume a táboa 7, mentres os perfís dos designados se compuñan nun ٩٤,٤ % de empregados públicos que acreditaban unha experiencia profesional media de 20,5 anos, destacando as traxectorias vinculadas aos altos corpos da Administración pública, especialmente os de inspección, auditoría e diplomacia, estas mesmas persoas non posuíron (salvo un concelleiro e dous exembaixadores) unha dilatada traxectoria na primeira liña das institucións, sendo significativo que nun país como Francia, onde son frecuentes as acumulacións de cargos nacionais e locais, practicamente ningún designado contase con experiencia política representativa.

A última das consideracións previas que se poden extraer desta investigación consiste na existencia dunha lixeira tendencia a que o posto marque o punto de inicio dunha carreira política posterior na primeira liña das institucións.

Gráfico 5. Traxectoria política posterior.

Fonte: Elaboración propia.

Neste sentido, convén sinalar dous elementos. Primeiro, o 55,5 % das persoas que ocuparon a responsabilidade de dirixir o centro presidencial durante a V República desenvolveron unha carreira política posterior. Esta traxectoria proxéctase principalmente cara ao poder executivo, como se mostra no gráfico 2, onde se identifican 7 persoas con experiencia gobernamental que ocuparon carteiras de Estado como Interior ou Asuntos Exteriores durante unha media de 3,7 anos, sendo 2 delas primeiros ministros.

O segundo destino das persoas que ocuparon a dirección do centro presidencial foi a política local e rexional. Case un terzo delas desenvolveron unha traxectoria política posterior como alcaldes, presidentes ou conselleiros rexionais, como se detalla no gráfico 3. En menor medida, identifícanse traxectorias políticas posteriores dirixidas ao poder lexislativo, o que corresponde ao 22,2 % dos exsecretarios xerais que ocuparon escano nas dúas cámaras do Parlamento francés, como se mostra na táboa 6. A política internacional foi o destino menos común entre os que ocuparon a dirección do centro de goberno, cun 16,6 %, tal e como se detalla na táboa 7.

Por outro lado, esta tendencia ao desenvolvemento dunha carreira política posterior é leve, debido a que o cargo de secretario xeral da Presidencia se caracteriza por unha alta rotación, o que indica certo desgaste dos seus membros. Durante a V República, 18 persoas ocuparon o cargo baixo os mandatos de 8 presidentes diferentes.

Gráfico 6. Estabilidade no cargo

Fonte: Elaboración propia.

Secretarios xerais Duración media no cargo

Por tanto, como se sintetiza no gráfico 6, por cada persoa que ocupou a xefatura do Estado houbo 2,25 secretarios xerais no Elisio, que permaneceron unha media de 2,7 anos no cargo. Ao analizar estes datos por familias políticas, obsérvase certa semellanza entre as dúas principais formacións que gobernaron o país desde 1958. O gaullismo, que tivo catro presidentes, designou 9 persoas para o cargo, cunha duración media de 2,7 anos, lixeiramente superior á media. Máis rotación se observa no socialismo, que con dúas presidencias, aínda que por un período extraordinariamente longo debido aos dous mandatos de 7 anos de François Mitterrand, designou 5 persoas que dirixiron o centro presidencial cunha media de 2,6 anos, que é lixeiramente inferior á media xeral. Pola súa parte, as dúas presidencias centristas de Emmanuel Macron e de Giscard d’Estaing implicaron o nomeamento de 4 persoas para dirixir o Elisio, cun período medio de 3,07 anos, que é moi superior á media xeral.

CONCLUSIÓNS

Unha vez expostos e discutidos os principais achados da investigación, é necesario retomar a pregunta principal de investigación sobre que tipo de perfís acceden á dirección dos centros presidenciais. Neste sentido, poden formularse catro conclusións finais.

En primeiro lugar, é preciso sinalar que a pregunta de investigación se responde, como se acredita nos resultados e na súa discusión, indicando que as persoas que acceden á dirección do centro presidencial se caracterizan pola súa masculinización, un nesgo territorial marcado e unha elevada cualificación contrastada cunha débil experiencia política previa. Ademais, ocupar este cargo supón un primeiro impulso para unha carreira política posterior na maioría dos casos, dado que é un posto con alta rotación.

Non obstante, esta resposta é parcial, xa que se basea nun único estudo de caso, a Secretaría Xeral da Presidencia da República Francesa. Por conseguinte, sería necesario en futuras investigacións ampliar a outros estudos de caso para obter unha visión integrada.

A segunda conclusión que ofrece esta investigación é que cumpre co obxectivo principal, permitindo unha mellor comprensión dos titulares dos centros de goberno en Francia como unha elite político-administrativa que inicia a súa traxectoria ligada á Presidencia e que tende a evolucionar, principalmente cara a outros cargos no poder executivo.

Vinculado a esta segunda conclusión, en terceiro lugar, a investigación tamén cumpre satisfactoriamente cos obxectivos específicos formulados, permitindo a construción dunha base de datos sobre os titulares dos centros de goberno e unha metodoloxía para o seu estudo. Ao mesmo tempo, contribúe á construción de perfís sobre os modelos de dirección destes organismos, tomando como referencia as diferentes familias políticas que gobernaron entre 1958 e 2023. Ademais, esta investigación procura contribuír á ciencia política e da Administración e ao dereito público, ofrecendo unha visión sobre figuras políticas escasamente estudadas, pero de relevancia nos procesos políticos contemporáneos.

Finalmente, cabe destacar que esta investigación ofrece un punto de partida para realizar outras semellantes sobre figuras análogas, cunha visión integrada e perspectiva comparada, permitindo así comprender o perfil destas elites político-administrativas en diferentes países.

BIBLIOGRAFÍA

Arenilla, M. et al. (2014): Administración 2032: Teclas para transformar la Administración Pública Española. Instituto Nacional de Administración Pública.

Arenilla, M. (2017): “Cuatro décadas de modernización vs. reforma de la Administración pública en España”. Methaodos Revista de Ciencias Sociales 5(2): 302-317 http://dx.doi.org/10.17502/m.rcs.v5i2.190

Armand, C. et Bongibault, R. (2016): Dans l’ombre des présidents : Au cœur du pouvoir, les secrétaires généraux de l’Élysée. Fayard.

Bourdieu, P. (1983): Poder, Derecho y Clases Sociales. Desclee de Brower.

Casado Iglesias, E. (1991): “La función pública vigente en Francia”. Revista de Estudios de la Administración Local y Autonómica 252: 901-917 http://dx.doi.org/10.24965/reala.vi252.8710

Casal, D. (2021): “La Construcción del perfil presidencial en la Francia de la V República. 1965-2017”. Revista de Investigaciones Políticas y Sociológicas RIPS 21(1): 1-22 https://doi.org/10.15304/rips.21.1.7907

Colin, D. (2018): Droit de la Fonction Publique. Gualimo.

Criado Grande, I. (2009): “Organización y estructura administrativa”. En VV.AA. Documentación sobre Gerencia Pública. Escuela de Administración Regional de la Junta de Comunidades de Castilla-La Mancha.

Duverger, M. (1968): Instituciones y Derecho Constitucional. Press University France.

Duverger, M. (1980): “A New Political System Model: Semi-presidential government”. European Journal of Polítical Research. 8(2): 165-187.

Gangas, P. (2000): “El Sistema Político de Francia” en Alcántara Sáez, M. Sistemas Políticos de la Unión Europea. Tirant lo Blanc.

Graziani, C. (2016): Le Premier Secrétaire de la Republique. Fayard,

Gutiérrez Vicen, C. (2004): “Los ministerios y su estructura interna”. Revista Parlamentaria de la Asamblea de Madrid. Extra 2: 83-180.

Hefferman, R. (2003): “Prime ministerial predominance? Core executive politics in the UK”. British Journal of Politics and International Relations 5(3): 347-372.

Huntington, S. (1991): La Tercera Ola. La democratización a finales del Siglo XX. Paidós.

Lanzaro, J. (2018): Centro Presidencial. Presidencias y centros de gobierno en América Latina, Estados Unidos y Europa. Editorial Técnos. Le Beguec, G. (2009): “Les entourages du chef de l’État sous la III et la IV Républiques”. Histoire@Politique 8:79 https://dx.doi.org/10.3917/hp.008.0079

Leblond, F. y Leblond, R. (2013): Emile Boutmy, le père de Sciences Po. Anne Carriere.

López Herráiz, P. (2019): Formar al Hombre de Estado: Génesis y desarrollo de la École libre des sciences politiques (1871-1900). Dykinson.

Mintzberg, H. (1999): La Estructuración de las Organizaciones. Planeta.

Opperam, F. (2002): Le Versailles des présidents: 150 ans de vie républicaine chez le Roi-Soleil. Fayard.

Organización para la Cooperación y el Desarrollo Económico (2018): Centre Stage: The organisation and functions of the centre of government in OECD countries. OECD Reports.

Pérez Olea, M. (1954): “La Escuela Nacional de Administración Francesa”. Revista de Administración Pública. 14: 241-296.

Picarella, L. (2009): “Presidencialización y personalización en el sistema político español: 1975-2008”. Revista Enfoques VII(11): 515-544.

Pizarro Martín, JA. (2009): “Las ambigüedades del régimen semipresidencial: la experiencia de la Federación Rusa”. Revista de Derecho de la UNED 5: 423-447 https://doi.org/10.5944/rduned.5.2009.10991

Pini, J. (2008): “Le Premier ministre, clé de voûte de l’Exécutif ?”. Revue Française de Droit Constitutionnel 2: 73-96 https://doi.org/10.3917/rfdc.hs02.0073

Poguntke, T. y Webb, P. (2005): The Presidentzialization of Power. A comparative study of moden democracies. Oxford University Press.

Putnam, R. (2000): Bowling alone: the collapse and revival of american community. Simon and Schuster.

Ramió, C. (2016): Teoría de la Organización y de la Administración Pública. Tecnos.

Ricci, J. (2013): Droit Administratif Géneral. Hachette Sup.

Sainteny, G. (2002): “Estudio de las élites políticas en Francia”. Revista de Estudios Políticos. 118: 197-209.

Veser, E. (1997): “Semi-presidentialism. Duverger’s concept: a new political system model”. European Journal of Political Reserarch 34: 201-224.

Whipple, C. (2017): The Gatekeepers. How the White House Chiefs of Staff define every presidency. Crown.


  1. 1 RAMIÓ, C., Teoría de la organización y de la Administración pública, Madrid, Tecnos, 2016, p. 45.

  2. 2 MINTZBERG, H., La estructuración de las organizaciones, Barcelona, Planeta, 1999.

  3. 3 ORGANIZACIÓN PARA LA COOPERACIÓN Y EL DESARROLLO ECONÓMICO, Centre Stage: The organisation and functions of the centre of government in OECD countries, París, OCDE, 2018.

  4. 4 LANZARO, J., Centro presidencial. Presidencias y centros de gobierno en América Latina, Estados Unidos y Europa, Madrid, Tecnos, 2018.

  5. 5 ARENILLA, M. et al., Administración 2032: Teclas para transformar la Administración Pública Española, Madrid, INAP, 2014, p. 159.

  6. 6 POGUNTKE, T.; WEBB, P., The Presidentialization of Power. A comparative study of modern democracies, Oxford, Oxford University Press, 2005. HEFFERMAN, R., “Prime ministerial predominance? Core executive politics in the UK”, British Journal of Politics and International Relations, núm. 5(3), 2003, pp. 347-372. PICARELLA, L., “Presidencialización y personalización en el sistema político español: 1975-2008”, Revista Enfoques, núm. VII(11), 2009, p. 516.

  7. 7 DUVERGER, M., “A New Political System Model: Semi-presidential government”, European Journal of Political Research, núm. 8(2), 1980, pp. 165-187.

  8. 8 CRIADO GRANDE, I., “Organización y estructura administrativa”, en VV.AA., Documentación sobre Gerencia Pública, Toledo, Escuela de Administración Regional de Castilla-La Mancha, 2009, p. 2.

  9. 9 MINTZBERG, H., La estructuración de las organizaciones, Barcelona, Planeta, 1999, p. 183.

  10. 10 RAMIÓ, C., Teoría de la organización y Administración pública, Madrid, Tecnos, 2016, p. 56.

  11. 11 GUTIÉRREZ VICÉN, C., “Los ministerios y su estructura interna”, Revista Parlamentaria de la Asamblea de Madrid, Extra 2, 2004, p. 127.

  12. 12 WHIPPLE, C., The Gatekeepers. How the White House Chiefs of Staff define every presidency, Nueva York, Crown, 2017.

  13. 13 ARENILLA, M., “Cuatro décadas de modernización vs. reforma de la Administración pública en España”, Methaodos. Revista de Ciencias Sociales, núm. 5(2), 2017, p. 314.

  14. 14 GANGAS, P., “El sistema político de Francia”, en ALCÁNTARA SÁEZ, M. (coord.), Sistemas políticos de la Unión Europea, Valencia, Tirant lo Blanch, 2000, p. 205.

  15. 15 DUVERGER, M., Instituciones y Derecho Constitucional, París, Presses Universitaires de France, 1968.

  16. 16 LE BÉGUEC, G., “Les entourages du chef de l’État sous la III et la IV Républiques”, Histoire@Politique, núm. 8, 2009, p. 79.

  17. 17 COLIN, D., Droit de la Fonction Publique, París, Gualino, 2018, p. 31. CASADO IGLESIAS, E., “La función pública vigente en Francia”, Revista de Estudios de la Administración Local y Autonómica, núm. 252, 1991, p. 901.

  18. 18 ARMAND, C.; BONGIBAULT, R., Dans l’ombre des présidents : Au cœur du pouvoir, les secrétaires généraux de l’Élysée, París, Fayard, 2016, p. 12.

  19. 19 GRAZIANI, C., Le Premier Secrétaire de la République, París, Fayard, 2016, p. 234.

  20. 20 RICCI, J., Droit administratif général, París, Hachette Supérieur, 2013, p. 48.

  21. 21 PINI, J., “Le Premier ministre, clé de voûte de l’Exécutif ?”, Revue Française de Droit Constitutionnel, núm. 2, 2008, p. 74.

  22. 22 PIZARRO MARTÍN, J. A., “Las ambigüedades del régimen semipresidencial”, Revista de Derecho de la UNED, núm. 5, 2009, p. 426. HUNTINGTON, S., La tercera ola. La democratización a finales del siglo XX, Barcelona, Paidós, 1991. VESER, E., “Semi-presidentialism. Duverger’s concept”, European Journal of Political Research, núm. 34, 1997, p. 230.

  23. 23 BOURDIEU, P., Poder, Derecho y Clases Sociales, Bilbao, Desclée de Brouwer, 1983, p. 135.

  24. 24 PUTNAM, R., Bowling Alone: The Collapse and Revival of American Community, Nueva York, Simon & Schuster, 2000, p. 19.

  25. 25 CASAL, D., “La construcción del perfil presidencial en la Francia de la V República (1965-2017)”, Revista de Investigaciones Políticas y Sociológicas, núm. 21(1), 2021, p. 9.