Os problemas que se formulan na execución das sentenzas urbanísticas

Laura López del Castillo

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 22, 2013
Resumo

A tutela xudicial efectiva comprende o dereito a obter a execución das sentenzas como última fase do proceso. Non obstante, é unha fase moi importante posto que a través dela se vai materializar a protección xudicial. Con este estudo achegámonos aos principais problemas que formula a execución urbanística en sede xudicial, analizando especialmente os casos da inexecución das sentenzas urbanísticas sobre a base da imposibilidade material ou legal a que se refire o artigo 105 da Lei de xurisdición contencioso-administrativa.

Detalles do artigo

Palabras chave:
Tutela xudicial efectiva, execución de sentenzas urbanísticas, imposibilidade material e legal.