As ordenanzas de convivencia e a súa relación coa Lei de seguridade cidadá: Quen despraza a quen?
Contido principal do artigo
Publicada: Nov 20, 2019
Páxinas: 45-72
Número: Vol. 1 Núm. 57 (2019)
Resumo
Nos últimos quince anos un bo número de municipios aprobou as súas ordenanzas de convivencia cidadá . A doutrina e a xurisprudencia acolléronas sorprendentemente ben e, en xeral, non as criticaron como merecían. Todo o contrario aconteceu coa LOPSC, que previu en moitos casos as mesmas infraccións que as ordenanzas, e que, non obstante, si recibiu críticas innumerables e especialmente duras por facer o mesmo que antes fixeron elas. Con todo, unha das maiores debilidades da LOPSC é que ignorara case por completo esas ordenanzas. Nin articulou a súa relación con elas nin enmarcou o seu réxime sancionador.
Detalles do artigo
Palabras chave:
Ordenanzas de convivencia cidadá, Lei de seguridade cidadá, réxime sancionador, relacións, críticas, garantías, esquecementos.