O patrimonio municipal do solo no texto refundido da lei de solo e a súa compatibilidade coa lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia

David Prada Puentes

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 22, 2011
Resumo

Baixo a denominación de patrimonio municipal do solo referímonos tradicionalmente ao conxunto de bens que, pola súa especial natureza, funcións e finalidade, constitúen unha forma de intervención da Administración no mercado do solo. Co presente traballo preténdese realizar un estudo desta institución xurídica, a través dunha análise pormenorizada da regulación contida na lexislación do solo estatal e da lexislación urbanística galega, en particular dos bens integrantes do patrimonio municipal do solo e do destino dos mesmos aos fins legalmente previstos.

Detalles do artigo

Palabras chave:
patrimonio municipal do solo, intervención administrativa, bens, propiedade, planificación.