Smart, smarter, smartest regulation: números contra adxectivos. Os custos administrativos contra a economía produtiva.
Contido principal do artigo
Publicada: Mar 22, 2012
Número: Vol. 1 Núm. 43 (2012)
Resumo
España é unha nación moi literaria. Acumula seis premios Nobel en literatura. Só dous en medicina. Cero en ciencias puras ou en economía, esa lúgubre disciplina que non é científica nin exacta, pero que tampouco pode ser entendida sen cifras. Polo que se ve, en España interesa máis o fomento das letras que o dos números, a retórica máis que o método científico. Este é o gran handicap nacional, que transcende a gobernos e réximes. Así non é de estrañar que ao analizar como se elaboran as súas normas xurídicas se comprobe que interesa máis o estilo que o impacto, máis a gramática que a aritmética.
Detalles do artigo
Palabras chave:
España, premios nobel, normas xurídicas